Javier Luis Yebra-Pimentel Vidal, nado en Ventosa (Agolada) en 1928 e finado na Barrela o 16 de xaneiro de 2009, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Julio Yebra-Pimentel Besteiro e Manuela Vidal Otero. Avogado e industrial de Agolada. Militante de FET y de las JONS, foi nomeado alcalde de Agolada en marzo de 1966.El Pueblo Gallego, 6-3-1966, p. 10. Permaneceu na alcaldía até as primeiras eleccións democráticas ás que se presentou encabezando unha candidatura independente que obtivo seis concelleiros; pero un pacto entre UCD (5 concelleiros), Unidade Galega (1 concelleiro) e PSOE (1 concelleiro) permitiu que fose nomeado alcalde o cabeza de lista de UCD Manuel Costa Casares. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular que obtivo 4 concelleiros, mentres que a da CIG que encabezaba o alcalde Costa Casares obtivo 7 concelleiros. Finou na Barrela o 16 de xaneiro de 2009.La Voz de Galicia, 17-1-2009, p. 17.

Recoñecementos

Foi condecorado coa Cruz da Orde de Cisneros en 1969.El Pueblo Gallego, 2-10-1969, p. 12. Vida persoal

Casou con Luz Divina Blanco Guerra e foi pai de Julio e Mari-Luz Yebra-Pimentel Blanco. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Agolada

Categoría:Avogados de Agolada Categoría:Alcaldes de Agolada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes