Pin Ups é o sétimo álbum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o 19 de outubro de 1973 a través do selo RCA Records. O disco está formado por versións de cancións.
Pin Ups entrou na lista británica o 3 de novembro de 1973 (casualmente o mesmo día que o disco de versión de Bryan Ferry These Foolish Things) e estivo nela durante 21 semanas, chegando ao número 1. Volveu a entrar na lista o 30 de abril de 1983, desta vez durante 14 semanas e chegando ao número 57. En xullo de 1990 entrou novamente durante unha semana no número 52.
Unha versión do tema de The Velvet Underground "White Light/White Heat" gravouse durante as sesións pero nunca foi publicada. Bowie doou a canción a Mick Ronson para o seu álbum de 1975 Play Don't Worry.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de David Bowie Categoría:Álbums musicais de 1973 Categoría:Álbums producidos por David Bowie Categoría:Álbums producidos por Ken Scott Categoría:Álbums de RCA Records