Aglaeactis cupripennis é unha especie de colibrí da familia Trochilidae. É orixinario de Colombia, Ecuador e o Perú. Os seus hábitats naturais son subtropical ou tropical, habitando no bosque de montaña e nas matogueiras a grande altura.

Descrición Posúe un peteiro curto e recto. Os exemplares machos son de cor marrón metálica nas súas partes superiores, cunha coroa máis escura na testa e irisacións de cor púrpura e cobrizo contra a cola. O pescozo e peito son de cor parda avermellada e a cola é de cor cobriza. As femias son moi semellantes en canto á súa plumaxe, aínda que non posúen as irisacións na súa parte superior.Ridgely, Robert and Paul Greenfield. The Birds of Ecuador. Volume II: Field Guide. Cornell, 2001 Mide uns 12 cm de lonxitude e pesa arredor de 7 gr.

Hábitat e alimentación Vive nos bosques húmidos tropicais e subtropicais de Colombia, Ecuador e o Perú, entre os 2 500 e 4 300 m de altitude. Aliméntase case exclusivamente de néctar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Congreso ornitolóxico internacional

Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de Ecuador Categoría:Aves do Perú Categoría:Animais descritos en 1843