Myioborus ornatus é unha especie de paxaro da familia Parulidae. É orixinario de bosques e matogueiras dos Andes en Colombia e na zona occidental de Venezuela.

Descrición A Myioborus ornatus mide entre 13 e 13,5 cm de longo.Jon Curson. New World Warblers, p. 202. ISBN 9781408134610 A plumaxe das súas partes superiores é de cor agrisada oliváceo moi escura e o das inferiores amarela intensa. A parte frontal do seu píleo e fronte tamén son de cor amarela, chegando a ter certo ton alaranxado; en contraste, a parte traseira é negra, cun fino parche branco a modo de orella branca. As poboacións occidentais (M. o. chrysops) teñen o resto da parte frontal da faciana amarela e só a media lúa branca no extremo posterior das cobertoiras auriculares, mentres que as poboacións orientais (M. o. ornatus) teñen ademais a parte frontal das cobertoiras auriculares e o lorum brancos. A cola é negra con rectrices laterais brancas. Os seus ollos e o seu peteiro afiado son negros.Johnson, Tom (2010) Golden-fronted Redstart (Myioborus ornatus); Neotropical Birds (T. S. Schulenberg, Editor). Ithaca: TheCornellLab of Ornithology. Consultado o 6 de outubro de 2013.

Notas

Categoría:Paseriformes Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de Venezuela Categoría:Animais descritos en 1840