A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
Características A obra está baseada na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936. No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego.
O 2 de outubro de 2018 a pintura chegou a Galicia por vez primeira co gallo da exposición Castelao maxistral da Cidade da Cultura de Galicia, que foi aberta ó público o 5 de outubro. O cadro estivo en exposición en Galicia, xunto con outras 92 pezas de Castelao, até o 3 de marzo de 2019.
O cadro na cultura
esquerda|miniatura|Chévere representando Ictus en Pontevedra.
En 2026 a compañía Chévere presentou a obra de teatro Ictus, na que o cadro serve de fío condutor..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A derradeira leición do mestre. Óleo de 1945 a partir de "A derradeira lección do mestre", estampa seis de Galicia Mártir
Categoría:Obras pictóricas de Castelao Categoría:Obras pictóricas de 1945