Houston Jerami Grant, nado o 12 de marzo de 1994 en Portland, Oregón, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Grant foi seleccionado na 39ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Philadelphia 76ers. O 29 de setembro de 2014, asinou un contrato de dous anos cos Sixers.
O 1 de novembro de 2016, Grant foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio de Ersan İlyasova e unha elección protexida do Draft. O 7 de xullo de 2018, Grant renovou o seu contrato cos Thunder.
O 8 de xullo de 2019, Grant foi traspasado ós Denver Nuggets a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2020.
O 22 de novembro de 2020, Grant un contrato de tres anos cos Detroit Pistons, tras unha operación cos Nuggets na que tamén recibiron os dereitos de Nikola Radičević.
O 6 de xullo de 2022, Grant foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Ismaël Kamagate ós Portland Trail Blazers, a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2024, os dereitos do Draft de Gabriele Procida e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Portland, Oregón Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020