Ma vie en rose é un filme de 1997 dirixido por Alain Berliner. Conta a historia de Ludovic, que é visto pola súa familia e comunidade como un neno, pero que se sente e actúa como unha nena. O filme amosa os problemas da familia de Lodovic para aceptar a súa identidade de xénero. O filme foi escollido como candidato belga ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 70ª edición dos premios, pero finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Cando a familia Fabre se muda á casa dos seus soños con veciños marabillosos, todo parece perfecto agás por unha cousa: o máis novo dos seus fillos, Ludovic, aínda que se lle asignou o xénero masculino ao nacer, sente que é unha nena e quere vivir como tal.
O problema comeza cando Ludovic se fai amigo de Jérôme, fillo do xefe do seu pai e veciño da rúa, e expresa o desexo de casar con el cando sexa unha muller. Nunha visita a casa de Jérôme, Ludovic entre no cuarto da irmá e pon un dos seus vestidos sen saber que a irmá morre. A nai de Jérôme veo todo e ela e os demais veciños están horrorizados. A comunidade ponse na contra de Ludovic e por extensión do resto da familia Fabre.
Personaxes Georges Du Fresne como Ludovic "Ludo" Fabre Michèle Laroque como Hanna Fabre Jean-Philippe Écoffey como Pierre Fabre Hélène Vincent as Élisabeth Daniel Hanssens como Albert Laurence Bibot como Lisette Jean-François Gallotte como Jeannot Julien Rivière como Jérôme Gregory Diallo como Thom Fabre Erik Cazals De Fabel como Jean Fabre Cristine Barget como Zoé Fabre Delphine Cadet como Pam Raphaelle Santini como Christine "Chris" Delvigne Marine Jolivet como Fabienne Delvigne Anne Coesens como mestra Vincent Grass como director
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 70ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Bélxica Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Reino Unido Categoría:Filmes sobre nenos