K'an Joy Chitam I, nado o 3 de maio de 490 e finado o 6 de febreiro de 565 foi un ahau maia do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. É tamén coñecido como Hok, Kan Xul I ou K'an Hok' Chitam I. As propostas para a tradución do seu nome son Pecarí Amarelo Atado ou Precioso Mozo Pecarí.Skidmore, 2008; 27
Traxectoria De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.2.15.3.8 12 lamat 6 uo, é dicir, o 3 de maio do ano 490. O 14 de novembro de 496, cando tiña cinco anos e medio de idade, participou nunha cerimonia na cal se lle outorgou un título de nobreza —que lle correspondía por herdanza— nun lugar chamado Toktahn, cuxa localización aínda non foi identificada.Skidmore, 2008; 26 Dende a morte do seu antecesor até o seu entronización existe un período de interregno que durou pouco máis de catro anos. K'an Joy Chitam I ascendeu ó poder o 9.4.14.10.4 5 k'an 12 kayab, é dicir, o 6 de febreiro de 529, cando contaba con 39 anos de idade.Florescano, 2009; 235
No taboleiro oriental do Templo das Inscricións, existen rexistros que sinalan que Joy Chitam I realizou ofrendas ós seus deuses —moi probablemente autosacrificios de sangue— nos anos 534, 554 e 564, que na conta longa corresponden ós rexistros 9.5.0.0.0, 9.6.0.0.0 e 9.6.10.0.0 respectivamente.
Despois de gobernar durante trinta e seis anos, Joy Chitam morreu o 9.6.11.0.16 7 kib 4 kayab, é dicir, o 6 de febreiro de 565. Un retrato de K'an Joy Chitam I atópase tallado en altorrelevo na cara occidental do sartego de Pakal “o Grande”.Skidmore, 2008; 30
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 490 Categoría:Finados en 565 Categoría:Gobernantes de Palenque