B'utz Aj Sak Chiik, nado o 15 de novembro de 459 e finado en 501, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque. É tamén referido como Manik (Man) ou simplemente Sak Chik. Propuxéronse as traducións de Calandria Fumarenta.Skidmore, 2008; 19, nota 12

Traxectoria Naceu o 9.1.4.5.0 12 ajau 13 zac da conta longa do calendario maia, é dicir, o 14 de novembro de 459. Foi entronizado o 9.2.12.6.18 3 etz'nab 11 xul, é dicir, o 28 de xullo de 487, e gobernou até o ano 501.Florescano, 2009; 235

Non se descubriron taboleiros que representen en altorrelevo a silueta deste gobernante, mais o seu nome aparece no taboleiro do Templo da Cruz e no taboleiro do Templo XVII.Skidmore, 2008; 18 É probable que o seu sucesor, Ahkal Mo' Nahb I, sexa o seu irmán.Spencer, 2007; 40

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 459 Categoría:Finados en 501 Categoría:Gobernantes de Palenque