Lugo-Mercadorías é unha estación de tren de Adif para tráfico de mercadorías, situada no concello de Lugo, na liña León - A Coruña. Foi posta en servizo no ano 2008, cun investimento superior aos 13 millóns de euros. Descrición Ocupa unha superificie de 100.000 metros cadrados que foron cedidos polo Concello. Polas súas características é posíbel atender até cen trens por semana. Dispón de vías de recepción, expedición e tratamento de trens, tanto de transporte intermodal como de carga directa de mercadorías sobre vagón. Unha das vías permite a entrada de composicións de até 750 metros de lonxitude. A lousa de carga e descarga ten capacidade para almacenar até 360 contedores.
Esta estación supuxo un incremento en 4,7 veces máis a superficie existente daquela, na propia estación de viaxeiros de Lugo; a lonxitude das vías de carga e descarga pasou de 230 a 1.335 m; as de estacionamento, de 1.620 a 2.069 m.
Lugo-Mercadorías é canda Vigo-Guixar e Taboadela unha das tres estacións desde onde se despachan os trens cargados de lixo cara a planta de SOGAMA.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estación de Lugo Liña León - A Coruña Ligazóns externas Información na web de Adif Vídeo da terminal desde un tren de viaxeiros
Lugo-Mercadorías Categoría:Lugo Categoría:Lugo sen imaxes Categoría:Estacións de tren de Galicia sen imaxes