Modesta Anca Rico, nada en San Martiño do Porto (Cabanas) o 2 de febreiro de 1934 e finada en Narón o 15 de abril de 2022,Cabanas despide a Modesta Anca Rico, unha das primeiras alcaldesas de Ferrolterra foi unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Afiliada ao PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 1983 foi a número dous da candidatura do PSdeG á alcaldía de Cabanas e foi elixida concelleira. En 1984 pasou a ser alcaldesa. Nas municipais de 1987 foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Continuou coma alcaldesa nas sucesivas eleccións. Dimitiu en 2006 logo de ser condenada por delito urbanístico, recorreu a sentenza no Tribunal Supremo.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Cabanas

Categoría:Alcaldes de Cabanas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1934 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2022