K'uk' Bahlam I ou K'uk Balam I, nado o 30Florescano, 2009; 235 ou 31 de marzoSkidmore, 2008; 6 de 397 e finado en 435, foi un ahau maia que é considerado o fundador da dinastía que gobernou a cidade estado de Palenque. É tamén referido como o Señor Toktan ou Señor Toktahn, posiblemente en alusión ó seu lugar de nacemento.

Traxectoria O seu nome en lingua maia clásica significa Quetzal Xaguar. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 8.18.0.13.6 5 kimi 14 kayab. Foi contemporáneo ó ahau Siyaj Chan K'awiil II de Tikal, época durante a cal se rexistrou unha forte influencia da cultura de Teotihuacán. Ascendeu ó poder o 8.19.15.3.4 1 kan 2 kayab, é dicir, o 10 de marzo de 431, o seu reinado durou soamente catro anos.

Peter Mathews e Linda Schele foron os primeiros arqueólogos en estudar a dinastía dos gobernantes de Palenque, para iso utilizaron inicialmente a lingua ch’ol polo seu gran parecido co maia clásico, é por esta razón ás veces utilizouse o nome Bahlum-Kuk para se referir a este gobernante.Florescano, 2009; 234Skidmore, 2008; 7 De acordo cos glifos asociados da escrita maia co seu nome, é posible que a súa cidade estado fose chamada Baakl ou Baakal, cuxo signficado é Óso ou Lugar do Óso.Skidmore, 2008; 8

Especulouse que a tumba real atopada no Templo XX podería corresponder á de K'uk' Balam I debido á temporalidade (450-550 d. C.) que se calculou polos obxectos achados e pola construción do propio templo, porén é necesario levar a cabo investigacións moito máis profundas e rigorosas para confirmar a identidade destes restos mortuorios.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 397 Categoría:Finados en 435 Categoría:Gobernantes de Palenque