En bioloxía molecular, a caixa HMG ou HMG-box (do inglés high mobility group box, caixa do grupo de alta mobilidade) é un dominio proteico que está implicado na unión ao ADN.
Estrutura A estrutura do dominio de caixa HMG contén tres hélices alfa separadas por bucles (ver figura da dereita).
Función As proteínas que conteñen a caixa HMG só se unen a ADN que non está na conformación de tipo B (retrocido ou desenroscado) con alta afinidade. Os dominios de caixa HMG encóntranse en proteínas do grupo de alta mobilidade, que están implicadas en procesos de regulación dependentes do ADN como a transcrición, replicación do ADN e reparación do ADN, para todos os cales cómpre un cambio de conformación da cromatina. As proteínas de caixa HMG simple ou dobre alteran a arquitectura do ADN ao induciren nel curvaturas unha vez que se unen.D. Murugesapillai et al, DNA bridging and looping by HMO1 provides a mechanism for stabilizing nucleosome-free chromatin, Nucleic Acids Res (2014) 42 (14): 8996-9004D. Murugesapillai et al, Single-molecule studies of high-mobility group B architectural DNA bending proteins, Biophys Rev (2016) doi:10.1007/s12551-016-0236-4
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Dominios proteicos