O Telekom Baskets Bonn, tamén coñecido como Baskets Bonn, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Bonn (Renania do Norte-Westfalia). O club foi fundado en 1992, e actualmente compite na Basketball Bundesliga (BBL), máxima categoría do baloncesto xermano. O principal patrocinador do club é Deutsche Telekom, unha das máis importantes compañías de telefonía e Internet alemás, a cal tamén vende teléfonos móbiles nos Estados Unidos. O equipo xoga os seus partidos como local no Telekom Dome, recinto inaugurado en 2008 con capacidade para 6.000 espectadores. Aínda que o club non gañou ningún título destacábel, chegou a xogar até cinco veces a final da BBL (1997, 1999, 2001, 2008 e 2009).
Historia O Telekom Baskets Bonn foi fundado no ano 1992 coa fusión dos clubs Godesberger Turnverein 1888 eV e SC Fortuna Bonn fusionáronse. O Godesberger TV fora fundado en 1970, en canto o SC Fortuna Bonn en 1973. O Godesberger TV conseguira o ascenso á Basketball Bundesliga en 1990. Porén, Un ano despois, o club descendeu e os problemas económicos asociados conduciron á fusión dos dous clubs nomeados. O nome escollido para o novo equipo foi o de BG Bonn 92. Ao ano seguinte, o club mudou de nome a Post SV Bonn e en 1995 a Telekom Baskets Bonn, patrocinado pola compañía alemá de telecomunicacións Deutsche Telekom.
En abril de 1995 o Telekom Baskets Bonn declarou o seu obxectivo de ser ascender á Bundesliga en 1997. Porén, xa na tempada 1995−96 o equipo terminou a segunda división invicto e ascendeu á principal liga de baloncesto de Alemaña. Na BBL o Baskets estabeleceuse de inmediato, destcando o apoio dos seareiros no novo pavillón Hardtberghalle. Na súa primeira temporada, o Baskets chegou ás Finais da liga. Con todo, perderon 1−3 contra o Alba Berlín. Nos anos seguintes e até a temporada 2004−05, o equipo sempre disputou as eliminatorias polo título. Na propia temporada 2005, o Baskets terminau a tempada regular no noveno posto, o que provocou que o entón o adestrador Predrag Krunić fose despedido. Nesta época, entre 1998 e 2002, cómpre destacar o acordo de cooperación do club co SG Sechtem.
En 2005 chega o equipo un novo adestrador, o ex-capitán da selección alemá Michael Koch. Con el o equipo volve chegar ás finais da liga en dúas ocasións. A primeira foi na temporada 2007−08. Nese ano o equipo acaba en sétimo lugar na liga regular, mais nos play-offs son capaces de eliminar con desvantaxe de campo ao Artland Dragons Quakenbrück, que acabaran en segundo lugar, e ao Skyliners Frankfurt, que acabaran sextos. Xa na final perden contra os campións da liga regular, o Alba Berlin, de novo por 1−3. Na seguinte temporada o equipo acaba en cuarto lugar en liga. Nos play-offs eliminan en cuartos ao ratiopharm Ulm (3−0) e en semifinais ao seus verdugos do Alba Berlín, que acabaran primeiros, por un axustado 2−3. Porén, de novo caen nas finais, esta vez ante o EWE Baskets Oldenburg. A final decidiuse nun axustado quinto partido onde perderon por 70−71. Na etapa Koch o equipo disputa ademais dúas finais de Copa (2009 e 2012), ambas saldadas con derrotas.
Ano a ano thumb|Chris Ensminger (2009–2013). AnoNivelLigaCopa Competicións europeas1992–932 2. BBL 1993–942 2. BBL 1994–952 2. BBL 1995–962 2. BBL 1996–971 Bundesliga2º Semifinais1997–981 Bundesliga5º 3 Copa Korać 1998–991 Bundesliga2º 3 Copa Korać 1999–001 Bundesliga4º 3 Copa Korać 2000–011 Bundesliga2º 2 Copa Saporta 2001–021 Bundesliga4º 2 Copa Saporta 2002–031 Bundesliga3º Cuarto lugar 2 ULEB Cup 2003–041 Bundesliga4º 2 ULEB Cup 2004–051 Bundesliga9ºSubcampión 2 ULEB Cup 2005–061 Bundesliga7º 3 FIBA EuroCup 2006–071 Bundesliga7º 2007–081 Bundesliga2º 2008–091 Bundesliga2ºSubcampión 3 EuroChallenge 2009–101 Bundesliga8º Cuartos de final 2 Eurocup 2010–111 Bundesliga13º 3 EuroChallenge 2011–121 Bundesliga8ºSubcampión 3 EuroChallenge 2012–131 Bundesliga7º 3 EuroChallenge 2013–141 Bundesliga6º Cuartos de final2014–151 Bundesliga5º Cuarto lugar 2 Eurocup 2015–161 Bundesliga11º 2 Eurocup 2016–171 Bundesliga7º Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup 2017–181 Bundesliga5º 3 Champions League 2018–191 Bundesliga7º Semifinalista 3 Champions League 2019–201 Bundesliga15º Cuartos de final 3 Champions League 2020–211 Bundesliga13º Fase de grupos
Pavillóns O Telekom Baskets Bonn ten xogado como local nos seguintes pavillóns: Sportpark Pennenfeld (1995–1996, 700 espectadores) Hardtberghalle (1996–2008, 3.500 espectadores) Telekom Dome (2008−presente, 6.000 espectadores)
Títulos Aínda que o club non conseguiu gañar ningún título, participou en múltiples finais de competicións.
Liga de Alemaña Subcampións (5): 1997, 1999, 2001, 2008, 2009 Copa de Alemaña Subcampións (3): 2005, 2009, 2012
Xogadores Destacados
Hurl Beechum Gunther Behnke Steven Hutchinson Alex King Konstantin Klein Branko Klepač Bernd Kruel Dirk Mädrich Andrej Mangold Tim Ohlbrecht Klaus Perwas Drazan Tomic Siniša Kelečević Tadas Klimavičius Benas Veikalas Aleksandar Nađfeji Paul Burke Jason Conley Chris Ensminger Winsome Frazier Tony Gaffney Julian Gamble Altron Jackson Jared Jordan Arvid Kramer Eugene Lawrence Jamel McLean Derrick Phelps Terrence Rencher Eric Taylor
Adestradores
John Ecker (1993–1995) Bruno Socé (1995–2001) Predrag Krunić (2001–2005) Danijel Jusup (2005) Michael Koch (2005–2013) Mathias Fischer (2013–2015) Carsten Pohl (2015–2016) Silvano Poropat (2016) Predrag Krunić (2016–2019) Chris O'Shea (2019) Thomas Päch (2019–2020) Will Voigt (2020) Igor Jovović (2020–2021) Will Voigt (2021) Tuomas Iisalo (2021−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Datos do club en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña