O Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013, foi a 12ª edición do Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino. A competición disputouse na cidade asturiana de Mieres (España), que acolleu o torneo por primeira vez. O campionato comezou o 17 de decembro de 2018 e finalizou o 21 de decembro coa disputa da final.

Nesta edición participaron un total de 4 equipos, un menos que na edición anterior. Aos combinados de España, Portugal e Francia, participantes nesta edición estiveron presentes na edición anterior disputada dous anos antes en Wuppertal (Alemaña), uniuse a selección de Italia. Disputáronse un total de 6 partidos nos tres días de competición.

Ao final da competición a selección española revalidou o título conseguido na edición anterior, facéndose así co seu cuarto título continental, e terceiro consecutivo, algo que ata o momento só conseguira a selección portuguesa entre 1995 e 1999.

Organización En xuño de 2013 anunciouse a designación do Pavillón Visiola Rollán, na localidade asturiana de Mieres como sede da 12ª edición do Campionato de Europa Feminino. A competición foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe coa colaboración de Assyssport, CyC e Grupo Asturema.

Aínda que inicialmente o campionato debía terse celebrado entre os días 9 e 14 de setembro, o día 20 de xullo a executiva do CERH tomou a decisión de suspender o campionato de acordo co disposto no artigo 1.1 do regulamento de eventos deportivos da CERS, que sinala:

Ante o malestar da Real Federación Española de Patinaxe pola suspensión do Campionato, para cuxa celebración xa se destinaran recursos, o CERH informou de que realizaría as xestións necesarias para que se puidera realizar no mes de novembro ou decembro dese mesmo ano. Finalmente, a finais do mes de novembro, o CERH comunicou o calendario do Campionato de Europa, que contaría finalmente con catro equipos (España, Francia, Italia e Portugal), e que se disputaría entre os días 17 de 21 de decembro de 2013. No mesmo comunicado o máximo organismo do hóckey a patíns europeo sinalou o sistema de competición, que constou de dúas fases:

Unha primeira fase en forma de liguiña na que todos os equipos se enfrontaron entre si. Unha fase final na que o primeiro equipo clasificado se enfrontou ao cuarto, e o segundo ao terceiro en semifinais. Os gañadores deses enfrontamentos disputaron a final, mentres que os perderores disputáronse o terceiro e cuarto posto.

No mediodía do 17 de decembro, poucas horas antes do inicio da competición, tivo lugar a recepción da alcaldía da cidade de Mieres ás catro seleccións participantes, así como aos corpos técnicos, árbitros e membros do CERH. O acto, que tivo lugar na casa do concello da cidade asturiana, estivo presidido polo alcalde Aníbal Vázquez, no mesmo acto, o presidente do CERH Fernando Graça salientou a importancia do hóckey a patíns feminino:

Ese mesmo día, ás 19:00 h tiña lugar a cerimonia de inauguración. Unha hora mái tarde, ás 20:00 h, as seleccións de Portugal e Italia abriron o campionato.

Sede

Todos os partidos do campionato celebráronse no Pavillón Visiola Rollán, un recinto cuberto con capacidade para 1 100 persoas e unha pista de xogo de parquet, e que é o fogar do equipo de hóckey a patíns da cidade, o Club Patín Mieres.

O pavillón foi inaugurado o 29 de decembro de 2008 cun partido entre a selección asturiana masculina e un combinado de xogadores estranxeiros da OK Liga. Esta foi a primeira ocasión na que o Pavillón Municipal de Mieres acolleu unha competición internacional de seleccións absolutas de hóckey a patíns, se ben xa acollera o primeiro OK Stars en 2010 e a Copa da Raíña 2009.

Equipos Nesta edición participaron un total de catro equipos, a participación máis baixa da historia. Nesta edición salientou o retorno do combinado italiano, que reapareceu na competición logo de catro edicións sen competir. Pola súa banda as seleccións de Alemaña e Suíza tomaron parte na competición en Wuppertal en 2011, mais non en Mieres.

Os catro equipos participantes foron os seguintes:

País Clasificación2011 Participacións Última participación Mellores resultados España 1ª 12 2011 Campioa (1995, 2009, 2011) Francia 4ª 9 2011 Campioa (2005) Italia - 8 2003 Campioa (1991, 1993) Portugal 2ª 12 2011 Campioa (1997, 1999, 2001)

Cadros de xogadoras España A preparación de selección española estivo caracterizada pola intermitencia das sesións de adestramento a causa de coincidir coa disputa da OK Liga Feminina, máxima categoría do hóckey a patíns feminino español. O 9 de decembro o seleccionador española Alberto Mazón, na concentración española no CAR de Sant Cugat, facilitou a lista das dez xogadoras que participarían no Campionato de Europa. O combinado español desprazouse á localidade asturiana de Mieres o domingo 15 de decembro. As dez xogadoras seleccionadas foron as seguintes:

España Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo Caterina Ortega Porteira CP Vilanova Sara González Gijón Solimar María Díez Gijón Solimar Anna Casarramona CP Manlleu Laura Puigdueta HC Palau de Plegamans Natasha Lee CP Voltregà Berta Tarrida CP Voltregà Nara López CP Manlleu Raquel Bernardas CP Alcorcón Laia Salicru Porteira CS Noisy Le Grand Corpo técnico Adestrador Alberto Mazón

Francia A selección francesa chegou a Mieres como campioa do mundo tras derrotar na final do Campionato do Mundo de 2012 disputado en Recife (Brasil) a España. A chegada das francesas á cidade asturiana tivo lugar o luns 16 de decembro.

Francia Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo Felicia Buis Frederique Denest Camille Renier Maeva Manceau Nolwenn Bena Claire Fay Sidonie Laroche Naomi Zanotto Amina Nedder Elsa Roux Corpo técnico Adestrador Stephane Herin

Italia A selección italiana, campioa das dúas primeiras edicións da competición en 1991 e 1993, regresou á cita continental logo de sete anos afastada da competición. chegou a Mieres o domingo 15 de decembro.

Italia Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo Valentina Gaudio Laura Minuzzo Maria Teresa Mele Elena Tamiozzo Luisa Lamacchia Giulia Galeassi Pamela Lapolla Erika Ghirardello Elena Toffanin Sara Zarantonello Corpo técnico Adestrador Giambattista Massari

Portugal A selección portuguesa chegou a Mieres cun equipo consolidado logo de anos de rexeneración co obxectivo de recuperar un título que non gañaban dende 2001. O luns 16 de decembro tivo lugar a chegada do equipo luso a Mieres.

Portugal Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo Filipa Azevedo Ana Catarina Rita Lopes Rute Lopes Marlene Sousa Ines Vieira Carolina Gonçalves Maria Barbosa Rita Dias Alexandra Figueiredo Corpo técnico Adestrador Carlos Pires

Competición Fase cualificatoria Grupo A Pts PX PG PE PP GF GC DG Portugal 9 3 3 0 0 19 8 +11 España 6 3 2 0 1 12 4 +8 Francia 3 3 1 0 2 5 13 -8 Italia 0 3 0 0 3 4 15 -11

Primeira xornada 17 de decembro de 201320:00Portugal7-3ItaliaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Isaac Sanz (ESP) Catarina (1)Lopes (2)Sousa (2)Barbosa (1)Dias (1) Mele (2)Tamiozzo (1)

17 de decembro de 201321:15Francia0-5EspañaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Carlo Corponi (ITA) e Jaime Vieira (POR) González (1)Díez (1)Puigdueta (2)Lee (1)

Segunda xornada 18 de decembro de 201320:00Portugal8-3FranciaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP) Rute Lopes (3)Marlene Sousa (2)Ana Catarina (1)Rita Lopes (1) Maeva Manceau (1)Nolwenn Bena (1)Frederique Denest (1)

18 de decembro de 201321:15Italia0-5EspañaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR) Casarramona (2)Lee (1)Tarrida (1)López (1)

Terceira xornada 19 de decembro de 201320:00Francia1-2ItaliaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Isaac Sanz (ESP) e Jaime Vieira (POR) Renier (1) Mele (1)Tamiozzo (1)

19 de decembro de 201321:15Portugal4-2EspañaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Carlo Corponi (ITA) Lopes (1)Sousa (2)Vieira (1) Lee (1)Tarrida (1)

Fase final

Semifinais 20 de decembro de 201320:00España4-1ItaliaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR) Díez (1)Casarramona (1)Puigdueta (1)Tarrida (1) Minuzzo (1)

20 de decembro de 201321:15Portugal7-1FranciaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP) Lopes (3)Gonçalves (1)Catarina (2)Dias (1)

3º e 4º posto 21 de decembro de 201318:30Italia5-0FranciaPavillón Visiola RollánÁrbitros: Jaime Vieira (POR) e Isaac Sanz (ESP) Tamiozzo (3)Lapolla (1)Toffanin (1)

Final 21 de decembro de 201319:45España7-0PortugalPavillón Visiola RollánÁrbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Carlo Corponi (ITA) Díez (3)Casarramona (1)Puigdueta (1)Lee (2)

Clasificación final 1. España 2. Portugal 3. Italia 4. Francia

Estatísticas Máis goles nun partido: 11 (na vitoria por 8-3 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro). Menos goles nun partido: 3 (na vitoria de Italia sobre Francia España por 2-1 o 19 de decembro). Máis goles dun equipo nun partido: 8 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro. Equipo máis goleador: Portugal (26 goles). Equipo menos goleador: Francia (6 goles). Máis goles encaixados: Francia (25 goles encaixados). Menos goles encaixados: España (5 goles encaixados).

Goleadoras A máxima goleadora da competición foi a portuguesa Marlene Sousa, que anotou 6 goles en cinco encontros. A continuación amósanse as nove máximas goleadoras da competición, así como os goles marcados e o número de partidos disputados:

XogadorGolesPartidos Marlene Sousa 6 5 María Díez 5 5 Rita Lopez 5 5 Natasha Lee 5 5 Rute Lopez 5 5 Elena Tamiozzo 5 5 Ana Catarina 4 5 Laura Puigdueta 4 5 Anna Casarramona 4 5

Tarxetas Nos 10 partidos disputados no Campionato de Europa Feminino de 2018 non se amosou o cartón vermello a ningunha xogadora. Si se amosaron tarxetas azuis a sete xogadoras. As xogadoras que máis cartóns azuis viron foron a española Natasha Lee e a francesa Nolwenn Bena, cun total de dúas tarxetas azuis nos cinco partidos que disputou coa súa selección en Mieres. A continuación amósanse as xogadoras amoestadas na competición, así como o número de tarxetas azuis:

XogadorTarxetas azuisTarxetas vermellasPartidos Natasha Lee 2 0 5 Nolwenn Bena 2 0 5 Elena Toffanin 1 0 5 Ines Vieira 1 0 5 Rita Dias 1 0 5 Marlene Sousa 1 0 5 Elena Tamiozzo 1 0 5

Reivindicacións do deporte feminino Paralelamente á celebración do Campionato de Europa, a cidade de Mieres acolleu varios eventos de reivindicación do deporte feminino no día da disputa da final. A xornada abriuse ás 10:00 h cun clínic no que participaron os seleccionadores dos catro países participantes coa moderación do presidente do Comité Nacional de Hóckey Patíns e vicepresidente do CERH Lluís Ferrer. Ese día o CERH asumiu o compromiso de recuperar a categoría sub-17 feminina, así como a imcorporación dunha muller na cúpula directiva do organismo, que se propuxo así mesmo afondar nas dificultades que ten o deporte feminino e as posibles solucións solucións.

Ese mesmo día, a Concellaría da Muller de Mieres organizou unha marcha popular polas rúas da cidade que comezou as 12:00 h e que levou a un centenar de persoas ata as portas do Pavillón Visiola Rollán, onde as capitás das seleccións participantes leron un manifesto escrito nas linguas oficiais dos catro países no que defendían o trato igualitario do deporte feminino en relación ao masculino:

Notas

Referencias Fichas dos partidos

Outras fontes

Véxase tamén Ligazóns externas O Campionato de Europa feminino de 2013 no sitio web de World Skate Europe

Categoría:Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino Categoría:Hóckey a patíns en 2013