miniatura|Artigo 62 do Tratado de Berlín (1878):"Os dereitos concedidos a Francia están expresamente reservados, entendéndose tamén que o status quo con respecto aos Lugares Sagrados non será afectado seriamente de ningún xeito." miniatura|dereita|A Escaleira inamovible. Detalle dunha fotografía da fachada da entrada principal da Igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén. O status quo dos lugares da Terra Santa é un acordo entre as comunidades relixiosas con respecto aos nove Lugares Santos compartidos en Xerusalén e Belén. Outros Lugares Santos en Israel e Palestina non forman parte do status quo debido a que as autoridades dunha relixión ou dunha comunidade teñen a posesión efectiva recoñecida polas demais.
Historia Resultou dun firman (decreto) do sultán otomán Osman III en 1757Cities of the Middle East and North Africa: A Historical Encyclopedia, edited by Michael Dumper, Bruce E. Stanley P 209 que preservaba a división da propiedade e responsabilidades de varios lugares importantes para os cristiáns, musulmáns e xudeus con respecto aos seus propietarios ou controladores no momento, e representou acordos entre varias relixións relativo a que nada podería cambiarse da forma na que se viña facendo ata entón sen interromper o balance nas visitas dos peregrinos a eses lugares. En 1852 e 1853 emitíronse novos decretos reafirmando as provisións do decreto de 1757.Eva Maurer Morio, What does Status Quo stand for?, in History of Latin Patriarchate, on the website of the Latin Patriarchate of Jerusalem As provisións actuais do status quo nunca chegaron a establecerse nun documento único. Porén en 1929, un documento preparado por un funcionario do Mandato británico de Palestina chamado George Archer Cust e titulado The Status Quo in the Holy Places, pasou a ser o documento estándar sobre a materia.
Lugares miniatura|page=7|Comisión de Conciliación das Nacións Unidas sobre os Lugares Santos en Palestina. O Status Quo aplícase en nove lugares de Xerusalén e Belén:
Disputados entre confesións cristiás Igrexa do Santo Sepulcro e as súas dependencias, Xerusalén Deir es-Sultan, na parte superior da Igrexa do Santo Sepulcro, Xerusalén Tumba da Virxe María, Xerusalén Igrexa da Natividade, Belén Capela da Gruta do Leite, Belén (non existen rexistros): "A Gruta do Leite e o Campo dos Pastores preto de Belén tamén forman parte do Status Quo, pero non existen rexistros sobre estes dous lugares." Capela do Campo dos Pastores, Belén (non existen rexistros)
Disputado entre cristiáns e musulmáns Capela da Ascensión, Xerusalén
Disputado entre xudeus e musulmáns Muro das Lamentacións, Xerusalén Tumba de Raquel, Belén
Notas
Categoría:Xerusalén Categoría:Cristianismo en Israel Categoría:Cristianismo en Palestina Categoría:Xudaísmo en Israel Categoría:Xudaísmo en Palestina Categoría:Islam en Israel Categoría:Islam en Palestina