Ourebia ourebi é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.<ref>[https://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=625112#null Ourebia ourebi (Zimmermann, 1783)] no ITIS.</ref>
É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen nove subespecies,Ourebia Laurillard, 1842 no ITIS. unha delas extinta.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero describiuno en 1842 o zoólogo, paleontólogo e debuxante francés Charles Léopold Laurillard, in d'Orbigny, Dict. Univ. D'Hist. Nat., 1: 622.Ourebia en MSW.
Especie A especie fora descrita bastantes anos antes, en 1782, polo zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, en Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 3''': 268.
Etimoloxía Tanto o nome xenérico, Ourebia, como específico, oribi derivan do afrikaans oribi, probabelmente préstamo do khoisa (dialecto nama) dos hotentotes, arab.oribi no Merriam-Webster Dictionary.
Sinónimos Ourebia aequatoria Heller, 1912Ourebia grayi (Fitzinger, 1869)Ourebia masakensis Lönnberg & Gyldenstolpe, 1925Ourebia melanura (Bechstein, 1799)Ourebia pitmani Ruxton, 1926Ourebia scoparia (Schreber, 1836)Ourebia splendida Schwarz, 1914
Subespecies Como quedou dito, recoñécense na especie nove subespecies, unha delas extinta.Ourebia ourebi dorcas Schwarz, 1914 Ourebia ourebi gallarum Blaine, 1913Ourebia ourebi haggardi (Thomas, 1895) Ourebia ourebi hastata (Peters, 1852)Ourebia ourebi kenyae Meinhertzhagen, 1905 † Ourebia ourebi montana (Cretzschmar, 1826)Ourebia ourebi ourebi (Zimmermann, 1783) Ourebia ourebi quadriscopa (C. H. Smith, 1827) Ourebia ourebi rutila Blaine, 1922
Nome vulgar En case todos os idiomas utilízase o nome africaans que, sendo palabra aguda, en galego, como en castelán, portugués e catalán, debemos escribir oribí.
Características O oribí é un antílope pequeno de constitución grácil, con orellas ovaladas, estreitas e rematadas en punta patas esveltas e longo pescozo. Mide entre os 75 e 115 cm lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de 7 a 23 cm; a súa alzada (altura na cruz) oscila entre os 47 e so 60 cm. O seu peso varía entre os 10 e 20 kg. Só o macho presenta cornos, curtos (de 15 a 19 cm), rectos, verticais e paralelos, e rematados en punta. As femias, similares aos machos (pero sen cornos) é normalmente de maior tamaño que os machos (circunstancia rara entre os antílopes). a pelaxe é suave, sedosa, de coloración xeral parda cara amarelada (semellante á das vacas rubias) na caneza e no lombo, que contrasta co ventre branco; as patas son da mesma cor que a cabeza e o lombo, e presentan unha guedella de pelos longos nos xeeonllos; a cola é rubia apardazada, escura e coa porción final negra, notoriament despregada cando o animal corre.
Hábitat e distribución Hábitat O oribí encóntrase nunha ampla variedade de hábitats, desde sabanas, arbustivas e arboradas, non lonxe de auga, chairas de inundación e pasteiros tropicais con herbas altas (de 10 a 100 cm) e pasteiros montanos a altitudes de até os 4 000 m.Kingdon, J.; Happold, D.; Butynski, T.; Hoffmann, M.; Happold, M. & Kalina, J. (2013): Mammals of Africa. 6. London, UK: Bloomsbury Publishing Plc. pp. 404–12. ISBN 978-1-4081-2257-0.Skinner, J. D. & Chimimba, C. T. (2006): The Mammals of the Southern African Sub-region. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 696–698. ISBN 978-1-107-39405-6.
Distribución A súa área de distribución é moi ampla na África subsahariana (de aí que teña tantas subespecies). Encóntrase en Angola, Benín, Botswana, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, ambos os Congos (a República do Congo e a República Democrática do Congo) Costa do Marfil, Eritrea, Etiopía, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Kenya, Lesotho, Malawi, Malí, Mozambique, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República Surafricana, Ruanda Senegal, Serra Leoa, Somalia, Eswatini, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabwe. Posibelmente extinta en Burundi. (Véxase o mapa).
Bioloxía Costumes Diúrno e crepuscular, e pouco activo durante as calorosas horas centrais do día, permanecendo escondido nos pasteiros altos cerca dos arbustos. Cando se sente ameazado emite asubíos agudos o esbirros ruidosos e penetrantes; así mesmo, comeza a saltar no aire coas catro patas rectas e tesas. Ten un característico paso saltarín, alternando con altos brincos ocasionais.
Alimentación Herbívoro, come habitualmente herbas dos pasteiros, pero tamén follas de arbustos. Bebe regularmente, aínda que pode absterse de facelo durante certo tempo se é necesario.
Reprodución Ourebia ourebi reprodúcese durante todo o ano, aínda que hai un pico de celo durante a estación seca.Long, J. L. (2003): Introduced Mammals of the World: Their History, Distribution and Influence. Clayton, Australia: Csiro Publishing. p. 485. ISBN 978-0-643-09916-6. Durante este último, todas as glándulas do macho redobran a súa actividade secretora. Isto pretende, por un lado, levar a cabo un marcado importante do territorio e, por outro, informar e ser recoñecido pola femia. Efectuada a cópula, a xestación dura entre 195 e 210 días (5,5 a 6 meses). As crías nacen ao comezo da temporada de chuvias, e teñen un peso ao nacer non superior a 1,5 ou 2 kg. Destétase ao cabo de 2 meses, pero xa pode comer herba tenra á semana de nacer. Ambos os sexos acanzan a madurez sexual á idade dun ano (entre os 10 e os 14 meses).Mills, G. & Hes, L. (1997): The Complete Book of Southern African Mammals (1st ed.). Cape Town, South Africa: Struik Publishers. p. 266. ISBN 978-0-947430-55-9.
Lonxevidade Viven de 8 a 12 ans, 14 en catividade.
Depredadores Os oribís son presas de leopardos, leóns, guepardos, servais, caracais, aguias, serpes pitóns, crocodilos, babuínos, chacais, hienas e licaóns.
Relacións filoxenéticas Nunha revisión da filoxenia da tribo dos antilopinos sobre a base de datos de xenes nucleares e mitocondriais en 2013, Eva Verena Bärmann (da Universidade de Cambridge) e os seus colegas informaron que a taxonomía do oribí é un taxon irmán de todaa todas as outras especies de antilopinos. O cladograma que presentaron baséase no estudo que realizaron en 2013.Bärmann, E. V.; Rössner, G. E. & Wörheide, G. (2013): "A revised phylogeny of Antilopini (Bovidae, Artiodactyla) using combined mitochondrial and nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution. 67 (2): 484–493.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos
Ligazóns externas Xénero Ourebia na ADW. Ourebia na EOL. Ourebia no NCBI.
Especie Ourebia ourebi. Oribi na ADW. Ourebia ourebi. Oribi na EOL. Ourebia ourebi. Oribi en ARKive.
Categoría:Antílopes