Ecoembes (Ecoembalajes España, SA) é unha empresa sen ánimo de lucro formada por empresas distribuidoras e sede en Madrid. Foi fundada en 1996, antes ca a Lei 11/97 de Envases e Residuos de Envases. Nesta lei establécense unhas obrigas que pretenden a recuperación de residuos dos envases e o seu posterior tratamento e valorización. Ecoembes coordina cos concellos e organizacións de recollida de residuos sólidos urbanos cos colectores amarelos: envases de plástico, latas e briks.
O 60% do accionariado contrólano asociacións e empresas de envases, principalmente grandes compañías de alimentación e bebidas: Campofrío, Bimbo, Danone, Coca-Cola ou PepsiCo. O outro 40% pertence ao sector de materias primas e distribución: Tetra Pak, Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Mercadona e outras.
Segundo ADEGA, só o 25% dos envases de plástico se recicla, o 50% quéimase e outro 25% reexpórtase á China.
Ecoembes en Galiza Ecoembes e Sogama colaboran na recollida de envases e na súa xestión. Os concellos galegos asociados ao programa de Sogama recollen envases nos colectores amarelos que son seleccionados en Cerceda. Ecoembes paga por este servizo aos concellos e a Sogama. En 2018, Sogama licitou este servizo por 17 227 400 euros máis IVE. En 2017 en Galiza recolléronse 57.000 toneladas de envases.
Notas
Véxase tamén
Sogama Reciclaxe Plásticos estándar
Categoría:Empresas de España