Furkan Korkmaz, nado o 24 de xullo de 1997 en Bakırköy, Istanbul, é un xogador turco de baloncesto profesional que xoga no AS Monaco Basket da LNB Pro A francesa.

Traxectoria profesional O 24 de xuño de 2016, Korkmaz foi seleccionado na 26ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Philadelphia 76ers. Tras ser elixido no Draft, decidiu xogar outra tempada máis no Anadolu Efes SK turco.

En decembro de 2016, foi cedido unha tempada ó Banvit BK. Co Banvit chegou á final da Basketball Champions League, onde perderon por 63-59 contra o Iberostar Tenerife.

O 4 de xullo de 2017, Korkmaz asinou cos Philadelphia 76ers. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Delaware 87ers, afiliados dos Sixers na NBA G League.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Xogadores de baloncesto de Turquía Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK‎ Categoría:Xogadores do Bandırma BİK Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket