O estreito de Makassar é un estreito entre as illas de Borneo e Célebes en Indonesia. Ao norte únese ao Mar de Célebes, mentres que ao sur atopa o Mar de Xava.
O río Mahakam, na illa de Borneo, verte as súas augas no estreito. Os principais portos situados nas súas costas son os de Balikpapan (780.000 hab. en 2007) e Bontam, en Borneo, e os de Macasar (1.315.000 hab. en 2004) e Palu (335.297 hab. en 2010) en Célebes. A cidade de Samarinda, en Borneo, localizada a beiras do Mahakam, atópase uns 48 km río arriba.
O estreito é unha ruta de envío común para os buques oceánicos que son demasiado grandes para atravesar o Estreito de Malaca.
Extensión A Organización Hidrográfica Internacional (OHI) define o Estreito de Makassar como unha das augas do Arquipélago das Indias Orientais. A OHI define os seus límites como segue:
A canle entre a costa leste de Borneo e a costa oeste de Celebes está delimitada:
No norte. Por unha liña que une Tanjong Mangkalihat, Borneo () e Stroomen Kaap (Cabo Rivers), Celebes ().
No sur. Por unha liña desde o extremo suroeste de Celebes (), a través da punta sur de Tana Keke, a o extremo sur da Illa Laut (Laoet) () desde a costa occidental da illa ata Tanjong Kiwi e desde alí cara a Tanjong Petang, Borneo () no extremo meridional do estreito de Laoet.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mar de Célebes Mar de Xava
Ligazóns externas Macassar Strait: OS (Oceans) National Geospatial-Intelligence Agency, Bethesda, MD, USA
Categoría:Mares do Océano Pacífico