Martin Parr, nado en Epsom (Inglaterra) o 23 de maio de 1952 e finado o 7 de decembro de 2025 en Bristol, foi un fotógrafo británico, membro da axencia Magnum dende 1994. Recoñecido internacionalmente polo seu particular achegamento á fotografía de documentación social, a súa obra caracterízase polo sentido do humor e unha irónica mirada sobre o estilo de vida dos británicos.
Traxectoria Naceu en Epsom (Surrey), Parr quería converterse en fotógrafo profesional dende os catorce anos. A súa primeira influencia foi o seu avó, George Parr, un fotógrafo afeccionado e membro da Royal Photographic Society.
Estudou fotografía na Escola Politecnica de Manchester entre 1970 e 1973 cos seus contemporáneos Daniel Meadows e Brian Griffin.
Magnum Photos Martin Parr uniuse a Magnum Photos como membro asociado en 1988. A votación sobre a súa inclusión como membro de pleno dereito en 1994 estivo moi dividida, xa que Philip Jones Griffiths chamou a outros membros para que non fose admitido. Finalmente Parr alcanzou a maioría necesaria de dous terzos por un voto. A membresía de Magnum axudouno a traballar en fotografía editorial, e en fotografía de moda editorial para Paul Smith, Louis Vuitton, Galerie du jour Agnès B. e Madame Figaro.
En 2014, Parr foi elixido presidente de Magnum Photos International, cargo que mantivo durante tres anos e medio, ata 2017.
Ensinanza En 2004 foi nomeado profesor de fotografía na Universidade de Gales, en Newport, e en 2013 na Universidade do Ulster en Belfast. Anteriormente, foi profesor invitado no West Surrey College of Art & Design, hoxe en día coñecido como Universidade para as Artes Creativas.
Premios
2005: Membro honorario da Royal Photographic Society 2006: Mestría honoraria, University for the Creative Arts 2006: Premio Dr. Erich Salomon 2008: Medalla do centenario da Royal Photographic Society 2008: Doutor en Artes, título honorario, Manchester Metropolitan University (MMU) 2008: Premio á Traxectoria, PHotoEspaña 2008: Premio Internacional da Sociedad Fotográfica do Xapón 2014: Logro excepcional en fotografía da revista Amateur Photographer 2014: Premio Lucie de Fotografía Documental 2016: Recoñecemento por unha contribución significativa no campo das artes visuais, Royal Academy of Arts 2017: Premio á Contribución Sobresaínte á Fotografía, World Photography Organisation
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Martin Parr Martin Parr na páxina de Magnum Photos
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Epsom Categoría:Fotógrafos de Inglaterra Categoría:Fotógrafos de Magnum Photos Categoría:Finados en 2025