Liadh Ní Riada, nada en Dublín o 28 de novembro de 1966 é unha política irlandesa que serve como eurodeputada de Irlanda dende 2014. É membro do Sinn Féin, parte do grupo político Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Nórdica Verde no Parlamento Europeo. Foi elixida polo Sinn Féin para participar nas eleccións presidenciais do 26 de outubro de 2018.
Traxectoria Ní Riada naceu en Dublín e medrou en Cork Occidental. Ní Riada é filla do compositor Seán Ó Riada, quen morreu cando tiña catro anos. A súa nai morreu cando tiña 10. Reside en Ballyvourney no gaeltacht Muskerry do condado de Cork, co seu segundo marido, Nicky Forde, e tres fillas. Casara con Fiachra Ó hAodha durante 10 meses até a súa morte en 1997. É falante nativa de lingua irlandesa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Liadh Ní Riada na páxina do Sinn Féin Páxina da campaña presidencial
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Políticos do Sinn Féin