Alcest é unha banda de blackgaze formada no ano 2000 na cidade francesa de Bagnols-sur-Cèze. Esta funciona como un proxecto individual de Stéphane Paut, máis coñecido como Neige. A banda comezou como un proxecto en solitario de black metal que en pouco tempo se converteu nun trío coa publicación da súa primeira maqueta no 2001. Pouco despois, Aegnor e Argoth, os outros dous membros do terceto, abandonaron a banda e deixaron a Neige como músico en solitario. A saída destes dous membros provocou un cambio estilístico, xa que Neige comezou a experimentar e a incorporar elementos de shoegaze e post-rock ao black metal, creando un novo subxénero musical chamado blackgaze arredor do 2005 coa publicación do seu EP Le Secret. Este subxénero será cultivado ata hoxe en día por bandas como Deafheaven, Liturgy, Harakiri for the Sky ou Sylvaine. No 2010 únese á formación o batería Winterhalter despois de 9 anos con Neige como único membro. Alcest publicou seis álbums de estudio; os tres primeiros están escritos integramente en lingua francesa.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Souvenirs d'Un Autre Monde 2007 Prophecy Écailles de Lune 2010 Prophecy Les Voyages de L'Âme 2012 Prophecy Shelter 2014 Prophecy Kodama 2016 ProphecySpiritual Instinct2019Nuclear Blast RecordsLes Chants de l'Aurore2024Nuclear Blast Records

EPs Álbum Ano Selo Tristesse Hivernale 2001 Drakkar Le Secret 2005 Drakkar Le Secret (regrabado) 2011 Prophecy

Splits Álbum Ano Selo Aux Funérailles du Monde / Tristesse Hivernale || 2007 || Northern Silence |- | Les Discrets / Alcest 2009 Prophecy

Directos Álbum Ano Selo ''BBC Live Session 2012 Prophecy

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de black metal Categoría:Grupos musicais de blackgaze Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais formados en 2000