Os Alpes da Alta Provenza (04) (en francés Alpes-de-Haute-Provence e en occitano Aups d'Auta Provença) forman un departamento francés situado na Provenza-Alpes-Costa Azul. miniatura|Vila de Sisteron miniatura|Canón de Verdon miniatura|Vila de Moustiers-Sainte-Marie Historia O departamento dos Alpes da Alta Provenza é un dos 83 departamentos orixinais crados durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 (en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789). Xurdindo a partir da parte norte da Provenza.
En 1793, ao crearse o departamento de Vaucluse, perdeu o cantón de Sault.
O nome inicial do departamento foi o de Baixos Alpes, nome que cambiou a finais da década de 1970, adoptando a forma actual.
Demografía
Antigamente, a poboación dos Alpes da Alta Provenza estaba repartida de forma regular por todo o departamento. A partir da metade do século XIX, a poboación comezou a minguar debido ao forte éxodo rural, pasando dos 150.000 habitantes aos 100.000 trala primeira guerra mundial. A partir da década de 1960 a poboación comezou a medrar de novo, pasando dos 84.335 habitantes, en 1954, aos 139.561 habitantes en 1999.
Aínda que o departamento posúe unha poboación aproximada á que tiña fai 150 anos, na actualidade a poboación atópase repartida de xeito irregular. Actualmente, a poboación atópase nos vales e nas dúas cidades principais, Forcalquier, Manosque e Digne-les-Bains, quedando desertas as zonas de montaña.
Os distritos de Barcelonnette e Castellane son os dous distritos máis pequenos da Francia, e tamén os únicos que non chegan ós 10.000 habitantes.
Véxase tamén Ligazóns externas Consello xeral dos Alpes da Alta Provenza Prefectura Información detallada en francés Información detallada en inglés Guía de cidades Guía Sisteron
Categoría:Departamentos de Provenza-Alpes-Costa Azul