Giovanni Hagian,Tamén Jean Hadjian, Jean Hagian. nado o 1 de xuño de 1803 en Perkinik e finado o 8 de maio de 1880, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Cesarea de Capadocia e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu en Perkinik o 1 de xuño de 1803, fillo de Paul Hagian e de Cécile Ciaparian. Estudou no seminario de Bsumar e foi ordenado sacerdote en 1827, entrando no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, e posteriormente foi profesor no seminario durante tres anos. Posteriormente foi párroco en Perkinik durante oito anos, e logo en Constantinopla por tres anos máis. Á súa volta, recibiu do patriarca o encargo de atender aos refuxiados armenios que fuxiran da persecución en varias provincias. Foi nomeado vigairo patriarcal extraordinario para o restabelecemento da paz entre os fieis e o patriarca na comunidade armenia de Diyarbakır (Amida).
O 2 de xuño de 1850 foi consagrado arcebispo titular de Cesarea de Capadocia polo patriarca Gregorio Pedro VIII, e nomeado vigairo xeral do patriarcado e confesor do seminario. O 7 de abril de 1861 foi co-consagrante do bispo Léon Korkoruny.
Co aumento de fieis católicos armenios en Cesarea de Capadocia, en 1864 tomou posesión da súa sé, e con axuda da Congregación para a Propagación da Fe construíu varias igrexas. Co traballo realizado no seu pontificado conseguiu evitar a propagación do protestantismo entre os armenios, e en numerosas ocasións tivo dificultades cos dirixentes turcos.
En 1867 foi nomeado asistente ao trono pontificio, e foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Notas
Categoría:Nados en 1803 Categoría:Nados na provincia de Sivas Categoría:Finados en 1880 Categoría:Relixiosos católicos de Turquía Categoría:Membros do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro