Antón Álvarez Alfaro, nado en Madrid o 16 de xullo de 1990, máis coñecido como C. Tangana, é un rapeiro español.
Traxectoria
Comezou a súa carreira musical en 2006 baixo o pseudónimo de Crema, sendo integrante do grupo Agorazein xunto con Sticky M.A. –antes coñecido como Manto–, Jerv. Agz., Fabianni e I-Ace. O madrileño coroouse en 2017 dentro do panorama mundial co seu hit «Mala Mujer» (dobre Disco de Platino), ó que lle seguirían éxitos como «Llorando en la Limo» (Disco de Platino) e «Bien Duro» (Disco de Ouro).
É coautor da canción «Malamente» interpretada pola súa exparella Rosalía, traballo que recibiu no ano 2018 dous premios Grammy Latinos.
Relación con Galiza É fillo dun vigués, e descendente de galegos, moitos deles da zona de Salvaterra, tanto por vía paterna como materna, desde hai séculos, como o seu 'noveno-avó' J. Álvarez de Puga, nado en 1680 en Arbo, aínda que algúns deles emigraron a Madrid no século XIX. Moitos dos seus antepasados foron militares, como Luís Antonio Álvarez de Puga, Capitán da Armada que loitou no século XIX contra Napoleón.
Himno do Celta En 2021 respondeu a un chío de Twitter de Radio Vigo para facer o himno do centenario, e en marzo de 2023 foi confirmado polo club. En 2024 foi galardoado co premio Mestre Mateo polo seu videoclip do himno do Centenario do Real Club Celta de Vigo, "Oliveira dos cen anos", na categoría de Mellor Videoclip.
Audiovisual En 2024, dirixiu o seu primeiro documental (tamén foi produtor e guionista e participou na canción orixinal) que na XXXIX edición dos Premios Goya, recibiu 2 premios: mellor película documental e mellor canción orixinal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
XXXIX edición dos Premios Goya
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Cantantes da Comunidade de Madrid Categoría:Compositores de España Categoría:Rapeiros de Madrid