Alexander Albon Ansusinha (), , nado en Londres o 23 de marzo de 1996, é un piloto de carreiras tailandés-británico, que compite actualmente na Fórmula 1 para Williams Racing. Participou no Campionato de Fórmula 2 da FIA de 2018 con DAMS. Logo, pilotou para ART Grand Prix. Asinou con Toro Rosso para a tempada de Fórmula 1, e foi piloto de Aston Martin Red Bull Racing en Fórmula 1 desde mediados de ata finais de , en era o piloto de probas e desenvolvemento de Red Bull. Regresou á Fórmula Un en 2022, pilotando para Williams.
Ata o Gran Premio de Hungría de 2026, Albon logrou 2 podios e unha volta rápida na Fórmula Un. Albon ten un contrato para permanecer en Williams polo menos ata o final da tempada de 2026.
Vida persoal Albon naceu no Hospital de Portland en Londres, Inglaterra, o 23 de marzo de 1996. O seu pai, Nigel Albon é un antigo piloto de carreiras británico que participou no Campionato británico de turismos e na Porsche Carrera Cup. A súa nai, Kankamol, é de Tailandia. O seu tío, Mark Albon, é un antigo piloto de carreiras que competiu nunha rolda da Fórmula Internacional 3000. Albon e a súa familia posúen varias mascotas, formadas polo menos por doce gatos, un can e dous cabalos. Levaa saíndo publicamente co golfista chinesa Lily He desde 2019.
Creceu en Bures, Suffolk xunto a un irmán menor, Luca, e tres irmás, Chloe, Zoe e Alicia, Albon asistiu á Ipswich School antes de marchar para seguir a súa carreira profesional, citando a Michael Schumacher e a Valentino Rossi como figuras inspiradoras cando era máis novo. Albon posúe dobre nacionalidade británica e tailandesa, e corre baixo a bandeira tailandesa. Albon practica o Budismo.
Traxectoria Albon naceu no Hospital de Portland en Londres, Inglaterra. O seu pai, Nigel Albon, é un expiloto de carreiras que participou na BTCC e na Porsche Carrera Cup. Ao crecer, Albon pasou un tempo na Ipswich School en Ipswich, Suffolk, antes de abandonar a escola para continuar a súa carreira profesional. A relixión de Alexander Albon é o budismo.
Albon comezou a súa carreira competindo con karts moi novo debido ao estímulo do seu pai, Nigel Albon. Logrou o éxito nos karts entre 2006-2010 o que permitíulle entrar no Red Bull Junior Team en 2012 pasou aos coches de rodas abertas logrando un asento en EPIC Racing durante a tempada da Eurocup Formula Renault 2.0 2012, terminando na 38ª posición de 49, no seu primeiro ano. Quedou na Fórmula Renault 2.0 dúas tempadas. Asegurandose un asento con KTR, terminando 16º en 2013 e 3º en 2014. En 2015, Albon cambiou ao Campionato de Europa de Fórmula 3, terminando sétimo na xeral. Un ano máis tarde, ART contratou a Albon para correr xunto a Charles Leclerc na GP3 Series terminando segundo no campionato de pilotos só detrás do seu compañeiro de equipo. Albon logrou un asento unha vez máis en ART en 2017. para correr no Campionato de Fórmula 2 da FIA onde rematou na 10ª posición.
Fórmula E Albon asinou por Nissan e.dams xunto a Sébastien Buemi como un dos seus pilotos para a tempada Fórmula E de 2018-19, pero foi liberado antes do inicio da tempada para pilotar na Fórmula 1 na tempada para Toro Rosso.
Fórmula Un Debut en Toro Rosso (2019) miniatura | Alexander Albon no 2019 Gran Premio de Hungría. A súa última carreira con Toro Rosso. O 26 de novembro de 2018, confirmouse que Albon liberárase do seu contrato con Nissan e.dams na Fórmula E logo de rumores de que asinaría con Toro Rosso. O mesmo día, Toro Rosso anunciou que Albon uniríase ao equipo para xunto a Daniil Kvyat e, así, reiniciar a relación de Albon co Red Bull Junior Team.
Foi o segundo piloto de Tailandia en competir na categoría, despois do Príncipe Bira, que correu na década dos 50. Cun noveno posto en Bahrain, o seu segundo Gran Premio, logrou os seus primeiros puntos neste campionato. Na seguinte carreira, na China, Albon partiu dos boxes despois de sufrir un accidente na práctica, pero conseguiu subir 10 posicións e entrar de novo na zona de puntos na décima posición. Sumou de novo para o campionato cun oitavo posto nas rúas de Mónaco e, máis tarde, en Alemaña (sexto) e Hungría (décimo).
Red Bull (2019-2021)
2019: Promoción a Red Bull A mediados de agosto de 2019, Red Bull Racing confirmou a súa fichaxe. Foi promovido para ocupar o lugar de Pierre Gasly, mentres que el ocupou o seu posto en Toro Rosso. Como mellor resultado obtivo o cuarto posto no GP do Xapón. No GP do Brasil corría en posto de podio cando Lewis Hamilton golpeouno, sacándoo dos puntos. O británico foi sancionado. Durante a celebración desta mesma carreira, presentouse como piloto de Red Bull Racing para .
Competiu en nove das 21 carreiras con Red Bull, quedou a un posto de Gasly por tres puntos.
2020 miniatura | Alexander Albon con Red Bull nas probas de pretempada no circuíto de Barcelona-Cataluña en 2020 En 2020 competiu xunto a Max Verstappen en Red Bull. Despois de varios resultados que non deron o esperado polo equipo austríaco, o 18 de decembro anunciouse que o piloto mexicano Sergio Pérez ocuparía o seu lugar en , converténdose Albon no piloto de reserva do equipo.
Williams (2022–) O 8 de setembro de 2021, anunciouse que Alexander Albon se uniría ao equipo Williams para a tempada . O 3 de agosto de 2022 anunciouse a renovación do seu contrato con Williams nun acordo plurianual Máis tarde anunciouse que o seu contrato con Williams dura ata o final da tempada .
O 15 de maio de 2024, anunciouse que Williams ampliara o seu contrato con Albon nun contrato de varios anos que o manterá no equipo Grove máis aló da tempada . .
2025: Asociación con Sainz thumb|right|Albon (na imaxe do Gran Premio do Xapón de 2025) é compañeiro de Carlos Sainz desde en diante|alt=Albon pilotando o Williams FW47 no Gran Premio do Xapón de 2025 Albon asociouse con Carlos Sainz a partir de . Cualificouse sexto e terminou quinto no Gran Premio de Australia de 2025, afectado pola choiva. Despois terminou sétimo na Gran Premio da China de 2025 despois das descualificacións de Charles Leclerc e Lewis Hamilton. Conseguiu outro posto entre os puntos cun noveno posto no Xapón, antes de conseguir o duodécimo posto en Bahrain. Volveu ao noveno posto no Arabia Saudita.
Albon volveu rematar quinto tanto en Miami como na Emilia-Romaña, anotando dez puntos cada un. Despois de non rematar en tres carreiras consecutivas: España, Canadá e Austria, terminou oitavo no Reino Unido e sexto en Bélxica. Máis tarde, terminou quinto de novo nos Países Baixos e sétimo en Monza, gañando dez e seis puntos respectivamente.
Rexistro de carreiras Traxectoria profesional Tempada Series Equipo Carreiras Vitorias Poles V. rápidas Podios Puntos Posición 2012 Eurocup Formula Renault 2.0 EPIC Racing 14 0 0 0 0 0 38º Formula Renault 2.0 Alps 14 0 0 0 0 26 17º 2013 Eurocup Formula Renault 2.0 KTR 14 0 1 1 0 22 16º Formula Renault 2.0 NEC 6 0 0 1 1 61 22º 2014 Eurocup Formula Renault 2.0 KTR 14 0 1 0 3 117 3º Formula Renault 2.0 NEC 6 1 0 1 2 80 17º 2015 FIA Formula 3 European Championship Signature 33 0 2 1 5 187 7º Gran premio de Macau 1 0 0 0 0 N/A 13º 2016 GP3 Series ART Grand Prix 18 4 3 3 7 177 2º Masters of Formula 3 Hitech GP 1 0 0 0 0 N/A 5º 2017 FIA Formula 2 Championship ART Grand Prix 20 0 0 1 2 86 10º 2018 FIA Formula 2 Championship DAMS 24 4 3 0 8 212 3º2019 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 12 0 0 0 0 92 8º Red Bull Racing 9 0 0 0 0 2020 Fórmula 1 Red Bull Racing 17 0 0 0 2 105 7º 2021 Deutsche Tourenwagen Masters AlphaTauri AF Corse 14 1 1 3 4 130 6º Fórmula 1 Red Bull Honda Piloto de probas/reserva Scuderia AlphaTauri 2022 Fórmula 1 Williams 22 0 0 0 0 4* 19º 2023 Fórmula 1 Williams 22 0 0 0 0 27 13º 2024 Fórmula 1 Williams 24 0 0 0 0 12 16º 2025 Fórmula 1 Williams 24 0 0 1 0 73 8º 2026 Fórmula 1 Williams 11 0 0 9 0 5* 16º*
* Tempada en progreso.
Resultados completos no campionato de Europa da FIA de Fórmula 3 (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano Equipo Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 Pos. Puntos 2015 Signature Volkswagen SIL1 SIL2 SIL3 HOC1 HOC2 HOC3 PAU1 PAU2 PAU3 MNZ1 MNZ2 MNZ3 SPA1 SPA2 SPA3 NOR1 NOR2 NOR3 ZAN1 ZAN2 ZAN3 RBR1 RBR2 RBR3 ALG1 ALG2 ALG3 NÜR1 NÜR2 NÜR3 HOC1 HOC2 HOC3 7º 187
Resultados completos nas GP3 Series (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Pts 2016 ART Grand Prix CATFEA CATSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR HOCFEA HOCSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR SEPFEA SEPSPR YMCFEA YMCFEA 2º 177
Resultados completos no campionato da FIA de Fórmula 2 (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos 2017 ART Grand Prix BHRFEA BHRSPR CATFEA CATSPR MONFEA MONSPR BAKFEA BAKSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR JERFEA JERSPR YMCFEA YMCSPR 10º 862018DAMS BHRFEA BHRSPR BAKFEA BAKSPR CATFEA CATSPR MONFEA MONSPR LECFEA LECSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR SOCFEA SOCSPR YMCFEA YMCSPR 3º 212 † O piloto non terminou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos Atlassian Williams F1 Team Williams FW48 Mercedes-AMG F1 M17 V6 t AUS12 CHNNTS XPN20 MIA10 CANRet MON8 CATNC AUT17 GBRRet BEL15</small> HUN17 NED ITA ITA AZE SIN USA MXC SAP LVG QAT ABU 16º* 5* Williams Williams FW47 Mercedes M15 E Performance V6 t AUS5 CHN7 XPN9 BHR12 SAU9 MIA5 EMI5 MON9 ESPRet CANRet AUTRet GBR8 BEL6 HUN15 NED5 ITA7 AZE13 SIN14 USA146 MXC12 SAP11 LVGRet QAT11 ABU16 8º 73 Williams Williams FW46 Mercedes M15 E Performance V6 t BHR15 SAU11 AUS11 XAPRet CHN12 MIA18 EMIRet MON9 CANRet ESP18 AUT15 GBR9 HUN14 BEL12 NED14 ITA9 ACE 7 SINRet</small> USA16 MEXRet BRANTS LVGRet QAT15 ABU11 16º 12 Williams Williams FW45 Mercedes M14 E Performance V6 t BHR10 SAURet AUSRet ACE12 MIA14 EMIC MON14 ESP16 CAN7 AUT11 GBR8 HUN11 BEL14 NED8 ITA7 SIN11 XAPRet QAT137 USA9 MEX9 BRARet LVG12 ABU14 13º 27 Williams Williams FW44 Mercedes M13 E Performance V6 t BHR13 SAU14† AUS10 EMI11 MIA9 ESP18 MONRet ACE12 CAN13 GBRRet AUT12 FRA13 HUN17 BEL10 NED12 ITA SINRet XAPRet USA13 MEX12 BRA15 ABU13 19º 4Aston Martin Red Bull RacingRed Bull Racing RB16Honda RA620H 1.6 V6 t AUT13† EST4 HUN5 GBR8 |70º5 ESP8 BEL6 ITA15 TOS3 RUS10 EIFRet POR12 EMI15 TUR7 BAH3 SAK6 ABU4 7º 105 Red Bull Toro Rosso Honda Scuderia Toro Rosso STR14 Honda RA619H 1.6 V6 t AUS14 BHR9 CHN10 ACE11 ESP11 MON8 CANRet FRA15 AUT15 GBR12 ALE6 HUN10 8º 92 Aston Martin Red Bull Racing Red Bull Racing RB15 HUN5 ITA6 SIN6 RUS5 XPN4 MEX5 USA5 BRA14 ABU6
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Londres Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tailandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Toro Rosso