Shenzhen Airlines (chinés: 深圳航空; pinyin: Shēnzhèn Hángkōng) é unha aeroliña chinesa con sede no aeroporto de Shenzhen-Bao'an no distrito de Bao'an de Shenzhen, Guangdong. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende 2012, e no presente é unha das dúas aeroliñas chinesas en pertencer a ela xunto con Air China.
A aeroliña opera un total de 137 rutas domésticas en 58 aeroportos chineses, ademais de 9 rutas internacionais. No ano 2010 a aeroliña transportou 16,5 millóns de pasaxeiros, un 9% máis que o ano anterior.
Frota En novembro de 2018 a frota de Shenzhen Airlines estaba formada polos seguintes avións:
+Frota de Shenzhen AirlinesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasJY+YTotalAirbus A319-1008—8—120128Airbus A320-20080—8—150158Airbus A320neo3248—150158Airbus A330-300511824267309Boeing 737-7001———140140Boeing 737-80082—8—160168Boeing 737-9005—8—159167Boeing 737 MAX 83278—154162Total18752
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas da China