miniatura|Ovos de Emberiza aureola MHNT

O escribidor aureolado (Emberiza aureola) é unha especie de ave paseriforme da familia dos emberícidos que se encontra en Eurasia. O nome común que se lle deu a esta ave é escribidor aureolado ou escribentaNota: o DRAG non acepta escribenta como paxaro, senón escribente ou escribidora e o Digalego só escribente. aureolada.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (ou escribenteDicionario Digalego escribente aureolado). O nome do xénero Emberiza procede do alemán antigo Embritz, un escribente. O nome específico aureola é a palabra latina para "dourado". En Galicia esta ave pode aparecer como visitante accidental moi rara. A chamada da ave é un distintivo sik, e a súa canción é un claro tru-tru, tri-tri.

Ata 2004, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza considerábao como unha especie en estado pouco preocupante en canto á súa conservación. Desde 2004, foi gradualmente elevado ao status de especie en perigo crítico debido á súa rápida caída en tamaño de poboación. Está suxeita a unha forte presión na China, xa que a maioría dos espécimes pasan por ese país durante a súa emigración.

Descrición

É un pequeno paxaro, de 14 a 16 cm de lonxitude, e de 17 a 26 g de peso. No conxunto das especies do seu xénero é bastante grande e robusto.

O macho reprodutor ten as partes inferiores dunha rechamante cor amarela con liñas negras no flanco, parte superior marrón, cara negra e barra escura na gorxa e unha mandíbula rosa. A femia ten un dorso marrón agrisado con moitas liñas, e estas son menos intensas nas partes inferiores amarelas. A femia ten unha cara abrancazada cun píleo escuro, e liñas no ollo e meixela. Os xuvenís son similares, pero a cor de fondo das partes inferiores e cara é beixe.

Distribución e hábitat

Reprodúcese no nordeste de Europa e ao longo do norte de Asia. É unha ave migratoria, que inverna no sueste de Asia, India e sur da China. É unha ave errante rara pero regular en Europa occidental, e algúns exemplares visitan Galicia. Hai tamén ~4 rexistros nas illas Aleutianas de Alasca e un rexistro de 2017 no Labrador, Canadá. A especie inverna en grandes bandadas en áreas cultivadas, campos de arroz e praderías, e prefire pousarse en campos de arroz.

Reprodución

Reprodúcese en áreas de matogueira aberta que constan de campos de arroz secos para comer e con xuncos para pousarse, a miúdo preto da auga, e está presente en Siberia. Pon de catro a seis ovos nun niño construído no chan. O seu alimento son insectos cando a ave é xove e despois sementes.

Conservación As poboacións desta especie declinaron rapidamenre desde a década do 2000, e a especie é agora considerada en perigo crítico. O declive da especie foi causado probablemente por unha substancial captura de espécimes durante a súa migración, especialmente nos seus sitios de invernación. As aves son espantadas e capturadas en redes para ser vendidas para o seu consumo como "pardais" ou "paxaros do arroz". Aínda que estas accións estaban restrinxidas a unha pequena área do sur da China, estase facendo cada vez máis popular como alimento para aumentar a saúde, e os cazadores viaxan agora longas distancias para encontrar paxaros suficientes. Os cambios nas prácticas da rega dos campos de arroz reduciron a calidade e cantidade de hábitats para a invernada, incluíndo a perda de restrollo en zonas acuáticas e a perda de xunqueiras, que reduciu os sitios dispoñibles para pousarse.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas OBC 24 fotografías (ver menú ao final da páxina)

Categoría:Emberícidos Categoría:Animais descritos en 1773