miniatura|240px|En plumaxe reprodutor O mazarico cincento,Conde Teira, M. A. (1999): Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF) . Chioglossa 1: 121-138. ou becacina cincenta,Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004): Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. Limnodromus griseus, é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das tres incluídas no xénero Limnodromus.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, baixo o nome de Scolopax grisea.Limnodromus griseus (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 6 de decembro de 2022.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Limnodromus.

O epíteto específico, griseus, procede do latín vulgar e significa "cincento", "gris".

Sinónimo Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Scolopax grisea J.F.Gmelin, 1789 (protónimo)

Subespecies Recoñécense na especie as tres subespecies seguintes: Limnodromus griseus caurinus Pitelka, 1950 Limnodromus griseus griseus (Gmelin, 1789) Limnodromus griseus hendersoni Rowan, 1932

Caracerísticas É unha ave limícola de mediano tamaño, robusta, de peteiro longo e fino. A plumaxe dos adultos é de cor parda escura nas partes superiores e avermellada polas inferiores. A cola ten un padrón de barras negras e brancas. As patas son de cor amarelada.

Distribución e hábitat Reprodúcese en Norteamérica, e pasa o inverno en América Central e a parte norte de Suramérica.Unión Ornitolóxica Internacional. Check-list of North American Birds. American Ornithologists' Union. 1998.

É unha visitante accidental rara de Galicia.

Esta especie prefire diversos hábitats como a tundra no norte, e as lagoas e lameiros no sur.

Esta especie e a moi similar a Limnodromus scolopaceus, que foron consideradas antes como unha única especie até que foron separadas en 1950.Kaufman, Kenn (1990): Kaufman Field Guide to Advanced Birding. Kaufman Field Guides. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0547248325.

A identificación de campo destes dous Limnodromus é difícil, xa que distinguir os mazaricos cincentos invernantes ou xuvenís do mazarico escolopáceo non é nada doado, e mesmo examinando as súas formas corporais e tamaño de peteiro lixeiramente diferentes non sempre se pode determinar a especie. Difiren máis substancialmente nas súas vocalizacións.

As tres subespecies teñen lixeiras variacións no aspecto: L. g. griseus ten o ventre branco e os flancos barrados. L. g. hendersoni ten o ventre arrubiado e os flancos con pintas. L. g. caurinus ten o ventre branco con flancos moi barrados e un peito densamente cheo de pintas.

Ningunha delas combina o ventre avermellado e os flancos barrados da plumaxe reprodutora do Limnodromus scolopaceus (mazarico escolopáceo). A plumaxe invernal é principalmente cincenta. Esta ave pode ter unha lonxitude de entre 23 e 32 cm, unha envergadura de 46 a 56 cm e unha masa corporal de 73 a 155 g.CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992). ISBN 978-0-8493-4258-5.

A chamada que emite esta ave é máis suave que a do mazarico escolopáceo e é útil para a súa identificación, especialmente coas difíciles plumaxes de adulto.

Reprodución O seu hábitat de reprodución son pantanos, marismas mareais, chairas lamacentas ou claros de bosque ao sur da liña de presenza de árbores do norte de Norteamérica. L. g. griseus reprodúcese no norte do Quebec; L. g. hendersoni faino na parte central norte do Canadá, e L. g. caurinus no sur de Alasca e o sur de Yukon.

Estas aves aniñan no chan, xeralmente preto da auga. Os seus niños son depresións pouco fondas en moutas de herba ou musgo, que están forradas con herbas suaves, taliños e follas. Poñen catro ou ás veces tres ovos de cor de beixe oliva a marón. A incubación dura 21 días e fana ambos os sexos.

As aves xuvenís deixan o niño pouco despois de eclosionaren os ovos. Os papeis parentais non se coñecen ben, pero crese que a femia abandona o niño e deixa o macho atendendo aos polos, o cal se procura toda a súa comida.

Alimentación Estas aves aliméntanse sondando co peteiro en augas pouco fondas ou na lama. Comen principalmente insectos, moluscos, crustáceos e vermes mariños, pero tamén algo de materia vexetal.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que eta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable baixo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerable baixo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Limnodromus griseus na Lista vermalla da UICN. Versiómn 2022-1. Consultada o 7 de decembro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992). ISBN 978-0-8493-4258-5. del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1966): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Editions. ISBN 978-84-8733-420-7. Peter Hayman, John Marchant & Tony Prater (1991): Shorebirds: An Identification Guide to the Waders of the World. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-3956-0237-9.

Ligazóns externas Short-billed Dowitcher - Limnodromus griseus - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter

Mazarico cincento, Cape Jourimain Nature Centre

Categoría:Escolopácidos Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Aves de América Central Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1789