miniatura|Concellos da Comarca da Coruña1.Abegondo2.Arteixo3.Bergondo4.Cambre5.Carral6.A Coruña7.Culleredo8.Oleiros9.Sada miniatura|Aneis metropolitanos da Coruña. A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,78 km², e no 2020 tiña 406.873 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Territorio e superficie Unha característica común dos concellos costeiros do "Arco Ártabro" é a da súa reducida extensión, regra que sen problemas se pode empregar cos concellos que conforman a comarca da Coruña. De tódolos xeitos os seus 469,78 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus concellos, dende o máis pequeno, Sada, que abrangue unha superficie de 27,49 km², ata o máis grande, o xa plenamente atlántico Arteixo, que ten unha superficie de 93,68 km².

No ano 2020, o concello máis densamente poboado, o da Coruña, acumula 6.545,18 habitantes/km² nos seus 37,83 km² de extensión, o que lle confire o título de concello con maior densidade de poboación de Galicia. Tamén a comarca da Coruña é a máis densamente poboada de toda Galicia cunha densidade de poboación de 866,09 persoas por quilómetro cadrado.

Poboación A comarca da Coruña é a segunda comarca máis poboada de Galicia por detrás da comarca de Vigo. Os datos sobre a súa demografía mostrados nesta sección proveñen do Instituto Galego de Estatística.

Indicadores demográficos

Padrón municipal 2020 406.873 habitantes Menores de 15 anos 56.025 (13.77 %) Entre 16 e 64 anos 258.086 (63.43 %) Maiores de 65 anos 92.762 (22.80 %)

Habitantes: 406.873 (2020) Idade media: 45,52 anos (2019) Porcentaxe de poboación menor de 16 anos: 13,77 (2020) Porcentaxe de poboación entre 16 e 64 anos: 63,43 (2020) Porcentaxe de poboación de máis de 65 anos: 22,80 (2020) Índice de envellecemento: 127,99 (2019) Índice de sobreenvellecemento: 11,4 (2005) Taxa bruta de mortalidade: 10,03 (2018) Taxa bruta de natalidade: 6,96 (2018) Taxa xeral de fecundidade: 31,8 (2004) Idade media á maternidade: 33,33 (2018) Índice sintético de fecundidade: 1,0 (2004) Taxa bruta de nupcialidade: 3,84 (2018) Idade media ao primeiro matrimonio (homes): 35,98 anos (2018) Idade media ao primeiro matrimonio (mulleres): 33,8 anos (2018)

Evolución nos últimos lustros[1506:15001:15005:15008:15017:15021:15030:15031:15058:15075&C=0[1991:1996:2001:2006:2011:2016:2020]&F=&S=&SCF= Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos] IGE. Consultado o 10/04/2021.

Concello1991199620012006201120162020Abegondo5.4665.4675.6945.7735.7095.5335.398Arteixo17.93120.89822.70926.73930.48231.23932.738Bergondo5.3925.7326.1796.5396.7226.6566.661Cambre12.33014.97218.69122.09223.64924.14124.594Carral5.2295.1845.2825.5796.0646.1726.473A Coruña246.953243.785239.434243.320246.028243.978247.604Culleredo14.63118.51322.07626.54729.20729.63830.685Oleiros18.48023.05726.88631.26434.13335.01336.534Sada8.9359.99711.35113.13414.87015.15016.186Total335.347347.605358.302380.987396.864397.520406.873

Emigración Total: 15.294 emigrantes (2019) Emigración externa: 5.061 emigrantes (2019) Ao estranxeiro: 1.623 emigrantes (2019) A outra Comunidade Autónoma: 3.438 emigrantes (2019) Emigración interna: 10.233 emigrantes (2019) A outra provincia galega: 1.281 emigrantes (2019) Á provincia da Coruña: 8.952 emigrantes (2019) A outra comarca da provincia da Coruña: 2.171 emigrantes (2005) A outro concello da Comarca da Coruña: 7.207 emigrantes (2005)

Inmigración Total: 20.145 inmigrantes (2019) Inmigración externa: 9.288 inmigrantes (2019) Do estranxeiro: 5.833 inmigrantes (2019) Doutra Comunidade Autónoma: 3.455 inmigrantes (2019) Inmigración interna: 10.857 inmigrantes (2019) Doutra provincia galega: 1.670 inmigrantes (2019) Da provincia da Coruña: 9.187 inmigrantes (2019) Doutra comarca da provincia da Coruña: 3.120 inmigrantes (2005) Doutro concello da Comarca da Coruña: 7.207 inmigrantes (2005)

(Fonte: IGE - Instituto Galego de Estatística)

Concellos

Notas

Véxase tamén Galería de imaxes da comarca da Coruña

Coruña