Ramón Vivero Geada, coñecido como Novolitos, nado en Xerdiz (Ourol) en 1909 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Antigo garda de asalto da 46 Compañía de Asalto de Barcelona, foi promovido a cabo pola súa lealdade á República en xaneiro de 1937.Gaceta de la República, 15-1-1937, p. 337. Propietario dun bar en Lugo que era centro de reunión e encontros. Militante do PCE dende 1944. Enlace entre os diferentes comités comarcais e o provincial. Colaborou con Marcelino Rodríguez Fernández “Marrofer” a comezos de 1945 na posta en marcha da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Proporcionaba armas á guerrilla. Foi detido en febreiro de 1946 con Julio Nieto López e Enriqueta Otero. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar o 18 de xullo de 1946 no proceso 75/1946 con Enriqueta Otero, Julio Nieto López, José María Urquiola Iglesias e Marcelino Villares Santiago, foi condenado a pena de morte.La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4. Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Julio Nieto López o 21 de setembro de 1946.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Executados no garrote vil

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Represaliados polo franquismo