miniatura|240px|Dendragapus obscurus, femia miniatura|240px|Dendragapus fuligionosos, femia Dendragapus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.Dendragapus Elliot, 1864 no ITIS.

Para a maioría dos autores comprende dúas especies que habitan en América do Norte.del Hoyo, J.; Elliott, A.; & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-15-6.del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain and Cambridge, UK.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. Porén, outros autores reducen o seu número a unha, e outros elevan a tres ou catro o número das súas especies.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1823 polo zoólogo estadounidense Daniel Giraud Elliot, en Proc. Acad. Nat. Sci. Philadelphia 16: 23.Alan P. Peterson: Dendragapus en Galliformes.

Etimoloxía O nome científico do xénero, Dendragapus, está formado polos elementos do latín científico dendr- e -agapus. O primeiro está tirado da raíz do substantivo do grego antigo δένδον déndron, 'árbore', e o segundo de ἀγαπό agapó, 'amante', derivado do verbo ἀγαπάω agapáō, 'amar', 'querer', 'desexar'.James A.Jobling (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. Literalmente: 'os amantes das árbores'.

Especies Como quedou dito, a maioría dos autores recoñecen no xénero dúas especies: Xénero Dengragapus </small>Elliot, 1823</small> Dendragapus fuliginosus (Ridgway, 1873) Dendragapus obscurus (Say, 1823)

Controversia taxonómica Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus, considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS. utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.BirdLife International (2017): Siberian Grouse. Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN.Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines''. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos

Ligazóns externas Dendragapus na ADW. Dendragapus Elliot & DG 1864 na EOL.

Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves dos Estados Unidos de América