Ubuntu (AFI: en inglésFAQ de Ubuntu (en inglés), en zulú) é unha distribución ou distro de GNU/Linux para computadoras de escritorio, portátiles e servidores. Baséase (fork) en Debian GNU/Linux e patrocínaa Canonical Ltd., empresa privada fundada e financiada polo seu actual dono, o empresario surafricano Mark Shuttleworth. É unha das distribucións de GNU/Linux máis populares, con máis de 8 millóns de usuarios, Ubuntu pretende ser un sistema operativo actualizado, e concentra os seus esforzos na facilidade e liberdade de uso, os lanzamentos regulares (cada 6 meses) e a facilidade de instalación.
Historia abreviada O nome desta distribución provén dunha palabra que en zulú e xhosa pode ser traducida como "unha persoa é unha persoa grazas a outras persoas", "son o que son polo que todos nós somos" ou "a crenza nun lazo universal de compartir que conecta a toda a humanidade", aínda que existen máis traducións do termo. O eslogan da distribución é "Linux para seres humanos" (Linux for Human Beings en inglés).
Ubuntu debe o seu nome ao movemento surafricano homónimo encabezado polo bispo Desmond Tutu e Edgar Granados, quen gañaron o Premio Nobel da Paz en 1984 polas súas loitas en contra do Apartheid en Suráfrica. O surafricano Mark Shuttleworth, o mecenas do proxecto, encontrábase moi familiarizado coa corrente. Tras ver similitudes entre os ideais dos proxectos GNU, Debian e, en xeral, co movemento polo software libre, decidiu aproveitar a ocasión para difundir os ideais de Ubuntu.
Ubuntu publica novas versións do seu sistema operativo cada seis meses aproximadamente, e sopórtaas con actualizacións de seguridade e correccións de erros diarias durante dezaoito meses. Tamén hai versións LTS (siglas de Long Term Support, inglés para soporte de longa duración), que contan con soporte de tres anos para a súa versión de escritorio, e cinco no caso da versión para servidores. Estas versións son publicadas cada dous anos. A última versión LTS é a 16.04 e terá soporte ata abril de 2021. A versión actual de Ubuntu, a 17.04 ("Zesty Zapus"), liberouse o 13 de abril de 2017 e terá soporte ata xaneiro de 2018. A partir da seguinte versión, Ubuntu 17.10, o contorno de escritorio pasará de ser Unity a ser GNOME 3.
Na actualidade Ubuntu é unha das distribucións de GNU/Linux das máis empregadas.
Historia miniatura|dereita|250px|Ubuntu GNU/Linux, pantallazo da súa primeira versión, a 4.10 miniatura|dereita|250px|Mark Shuttleworth da Fundación Ubuntu na WSIS 2005 de Tunisia
A creación da primeira versión de Ubuntu foi anunciada por Canonical Ltd. o 8 de xullo de 2004, e contou cun financiamento inicial de 10 millóns de dólares. O proxecto naceu por iniciativa dalgúns programadores dos proxectos Debian e GNOME, decepcionados co xeito de operar do proxecto Debian, cuxa distribución de Linux sen ánimo de lucro era daquela a máis popular do mundo.
De acordo cos fundadores, Debian era un proxecto demasiado burocrático onde non existían responsabilidades definidas e onde calquera proposta interesante se afogaba nun mar de discusións. Ademais, Debian non puña énfase en estabilizar o desenvolvemento das súas versións de proba e só proporcionaba auditorías de seguridade á súa versión estábel, a cal usaba só unha minoría debido á pouca ou mesmo nula vixencia que posuía en termos da tecnoloxía Linux actual.
Tras formar un grupo multidisciplinario, os programadores decidiron buscar o apoio económico de Mark Shuttleworth, un emprendedor surafricano que vendeu a empresa Thawte a VeriSign, catro anos despois de fundala no garaxe do seu domicilio, por 575 millóns de dólares estadounidenses.
Shuttleworth viu con bos ollos o proxecto e decidiu convertelo nunha iniciativa autosostible, combinando a súa experiencia na creación de novas empresas co talento e a experiencia dos programadores da plataforma Linux. Deste xeito naceu a empresa Canonical, encargada de soster economicamente o proxecto mediante a comercialización de servizos e soporte técnico a outras empresas. Mentres que os programadores armaban o sistema, Shuttleworth aproveitou a ocasión para aplicar unha pequena campaña de mercadotecnia para espertar interese na distribución sen nome (the no-name-distro en inglés).
Tras varios meses de traballo e un período de probas lanzouse o 20 de outubro de 2004 a primeira versión de Ubuntu (Warty Warthog). Comezou como unha "desviación" (fork) temporal do proxecto DebianThe Ubuntu Story (en inglés), co obxectivo de ofertar unha versión cada seis mesesTime Based Releases (en inglés) (Debian só lanza unha versión nova "cando o código está listo"). Os lanzamentos de novas versións de Ubuntu sempre inclúen a última versión de GNOME, e planéanse de xeito que son liberadas arredor dun mes despois das de GNOME. En contraste con outras desviacións xeneralistas de Debian como MEPIS, Xandros, Linspire, Progeny e Libranet, Canonical permanece fiel á filosofía de Debian e adoita a ofrecer software libreFilosofía de Ubuntu (en inglés) en vez doutras opcións propietarias.
O logo e maila tipografía de Ubuntu levan co mesmo aspecto desde a primeira versión deste. A fonte usada é a Ubuntu-Title e fíxoa Andy FitzsimonUbuntu-Title (en inglés). A fonte distribúese baixo licenza LGPL e recoméndase encarecidamente o seu uso nos logos derivados do de Ubuntu.
Os paquetes de Ubuntu adoitan basearse nos da pola inestábel de Debian. Ubuntu fai uso, ao igual que Debian, dos ficheiros deb para a instalación, se ben non sempre son compatíbeis as súas versións coas deste últimoMark Shuttleworth on binary compatibility (en inglés). Algúns programadores de Ubuntu son tamén voluntarios de Debian e as modificacións que fan en Ubuntu envíanllas a Debian, aínda que entre os que se dedican só a Debian existe a sensación de que Ubuntu "toma máis do que dá".
Financiamento Ubuntu recibe fondos de Mark Shuttleworth a través de Canonical Ltd. O 8 de xullo de 2005, Canonical anunciou a creación da Fundación Ubuntu co propósito de asegurar o apoio e desenvolvemento das futuras versións de Ubuntu, se ben esta fundación non ten actividade real. Mark Shuttleworth descríbea como un fondo de emerxencia para o caso de que remate a implicación de Canonical.
Desenvolvemento Colaboración con Debian Ubuntu non só se relaciona con Debian polo uso do mesmo formato de paquetes (aínda que non sempre son compatibles os dun e doutro sistema), senón que ten tamén fortes unións con esa comunidade, contribuíndo con calquera cambio directa e inmediatamente, e non só anunciándoos. Isto ocorre nos tempos de lanzamento. Moitos dos desenvolvedores de Ubuntu son tamén responsables dos paquetes importantes dentro da distribución Debian.
Ideas da comunidade Calquera persoa que teña coñecementos de inglés e conexión a Internet pode presentar as súas ideas para futuras versións de Ubuntu. O primeiro lugar habilitado para isto foi a wiki do proxecto, mais agora utilízase unicamente para arquivar propostas e non se permite a súa edición ao público. En febreiro de 2008 foi substituída pola páxina Ubuntu BrainstormUbuntu official: Brainstorm, que permite aos usuarios propoñer as súas ideas e votar as do resto. Infórmase ademais de cales das ideas propostas están en desenvolvemento ou están previstas.
Características Ubuntu baséase na distribución Debian GNU/Linux, e posúe unha morea de aplicacións prácticas e sinxelas para a configuración de todo o sistema, a través dunha interface gráfica útil para os usuarios que se inician en sistemas Linux. O contorno de escritorio oficial da versión principal de Ubuntu é GNOME, e os lanzamentos de SO e escritorio están sincronizados. Porén, existen variantes de Ubuntu que levan instalados e configurados por defecto outros escritorios, tales coma KDE (Kubuntu) ou Xfce (Xubuntu), e estes e outros escritorios poden instalarse dende calquera das versións do sistema operativo unha vez instalado este na computadora.
Software Como case calquera distribución baseada en Linux, Ubuntu ten repositorios de software. Isto é, cun programa (Synaptic, Adept...) pódese acceder a unha lista de software que se pode instalar e actualizar dun xeito moi doado. Cabe salientar que Ubuntu é unha das distros con maiores repositorios, e que como case todas as distribucións, é capaz de actualizar ao mesmo tempo todas as aplicacións instaladas na computadora, algo do que non poden presumir outros sistemas operativos comerciais. Esta última característica permite que se poida actualizar a unha nova versión do sistema operativo -por exemplo, de Ubuntu 16.10 a Ubuntu 17.04- cunha "simple" actualización e sen necesidade dunha instalación completa e perda de datos ou configuracións.
A última versión de Ubuntu trae instalada por defecto unha gran variedade de software, incluíndo a suite de oficina LibreoOffice, o navegador Firefox, o programa de mensaxería instantánea multiprotocolo Pidgin, o cliente de redes Bittorrent Transmission, o editor de imaxes Gimp e mailo gravador de CDs e DVDs Brasero. Tamén inclúe un gran número de xogos de cartas, de taboleiro e crebacabezas, xunto con sudoku e xadrez. Ubuntu vén con todos os portos de redes pechados por defecto para maior seguridade, aínda que o seu firewall, que ofrece un maior control das conexións entrantes e saíntes, vén instalado pero non activado. Ubuntu é capaz de realizar tarefas tales coma escanear, e mesmo inclúe software de recoñecemento óptico de caracteres para converter o escaneado en texto.
Seguridade O sistema inclúe funcións avanzadas de seguridade e entre as súas políticas atópase a de non activar por defecto procesos latentes ao momento de instalarse. Por iso mesmo, non hai un firewall predeterminado, xa que non existen servizos que poidan atentar contra a seguridade do sistema.
Para tarefas administrativas coa terminal, Ubuntu inclúe o uso estendido da ferramenta sudo, semellante ao Mac OS X, coa que se evita o uso do usuario root (administrador).
Accesibilidade e internacionalización Ubuntu tamén fai énfase na accesibilidade e maila internacionalización, para así chegar a tanta xente coma lle sexa posíbel. Comezando na versión 5.04, UTF-8 converteuse na codificación de caracteres predeterminada. A aparencia da interface de usuario na versión actual chámase Human («Humano») e caracterízase por sombras de marrón e laranxa.
Ubuntu está dispoñible nunha grande diversidade de linguas, entre as cales está o galego. A tradución ao galego corre a cargo do grupo Ubuntu Galician Translators («Tradutores ao galego de Ubuntu»)Páxina do grupo Ubuntu Galician Translators (contido en galego, outros textos en inglés)., persoas de todas partes que traducen constantemente os novos programas que se engaden á distribución e actualizan revisan as traducións dos programas xa existentes a través da rede coa ferramenta Launchpad.
A localización ao galego de Ubuntu está actualmente nos seus máximos niveis en toda a historia da distribución, sendo a número 17 das linguas cunha localización máis completa, por riba do catalán e preto do portugués. Ademais da porcentaxe traducida, nos últimos tempos tamén aumentou a calidade das traducións, dado que o equipo puxo especial énfase en tarefas de supervisión, corrección e control de coherencia terminolóxica e de estilo, ademais de coordinarse cos equipos de tradución dos contornos de escritorio e aplicacións que forman parte da distribución“O equipo de tradución ao galego de Ubuntu sitúa o idioma galego nos postos máis altos ” ─ Mancomún..
Requisitos do sistema A versión de escritorio de Ubuntu soporta a día de hoxe as arquitecturas Intel x86 e AMD64. Algunhas versións para servidores soportan ademais a arquitectura SPARC. Tamén hai dispoñible soporte non oficial para as arquitecturas PowerPC, IA-64 (Itanium), Playstation 3 e HP PA-RISC.