Hermann Schlegel, nado o 10 de xuño de 1804 en Altenburg, e finado o 17 de xaneiro de 1884 en Leyden, foi un ornitólogo e herpetólogo alemán.

Traxectoria Seu pai, que traballaba como forxador de latón, coleccionaba bolboretas, o que estimulou o interese de Schlegel pola historia natural. O descubrimento, por casualidade, dun niño dunha ave de rapina levouno ao estudo das aves, ao que tamén axudou un encontro con Christian Ludwig Brehm.

Schlegel comezou a traballar para o seu pai, pero pronto cansou, e deixou este traballo. Viaxou a Viena en 1824, onde, na súa Universidade, recibiu clases de Leopold Fitzinger e Johann Jacob Heckel. Grazas a unha carta de recomendación de Christian Ludwig Brehm a Joseph Natterer conseguiu un posto no Museo de Historia Natural de Viena.

Un ano despuois da súa chegada, o director do museo, Carl Franz Anton Ritter von Schreibers recomendouno a Coenraad Jacob Temminck, director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden (Nationaal Natuurhistorisch Museum), e este tomouno como axudante. Ao principio, Schlegel traballou principalmente na colección de réptiles do museo, pero pronto a súa actividade estendeuse a outros grupos de animais. Schlegel ía a ser enviado a Xava para unirse á Natural History Commission, pero a morte do que ía ser o sucesor de Temminck, Heinrich Boie, fixo que o proxecto non fora adiante. Nesta época Schlegel coñeceu a Philipp Franz von Siebold. Fixéronse bos amigos e colaboraron xuntos na obra Fauna Japonica (1845-1850).

Cando a principios de 1858 Temminck morreu, Schlegel sucedeuno como director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden. Nesta época Schlegel estaba especialmente interesado na fauna do sueste asiático, e en 1857 mandou ao seu fillo Gustav a recoller espécimes de aves a China. Cando Gustav chegou encontrou que Robert Swinhoe chegara alí antes.

En 1859 Schlegel enviou a Heinrich Agathon Bernstein a recolectar aves a Nova Guinea. Bernstein morreu en 1865 e foi sucedido na súa misión científica por Hermann von Rosenberg.

Schlegel tomou como axudante a un mozo chamado Otto Finsch. Ao mesmo tempo comezou a publicar unha revista cintífica chamada Notas do Museo de Leiden, así como tamén unha grande obra de catorce volumes: Muséum d'histoire naturelle des Pays-Bas (1862-1880). Nesta obra colaboraron tres ilustradores: John Gerrard Keulemans, Joseph Smit e Joseph Wolf.

Os últimos anos da vida de Hermann Schlegel foron complicados: a súa muller morreu en 1864; o seu axudante Finsch trasladouse ao Museo de Historia Natural de Bremen, e a colección do Museo Británico comezou a eclipsar a de Leiden. Faleceu nesta cidade o 17 de xaneiro de 1884.

Principais obras 1834-1850. Fauna Japonica. 1837-1844. Abbildungen neuer oder unvollstandig bekannter Amphibien: nach der Natur oder dem Leben entworfen 1854. De zoogdieren geschetst. 1853. Traité de fauconnerie: ouvrage orné de dix sept planches. - Leide : Arnz. Edición dixitalizada. 1854-1858. De vogels van Nederland. 3 vols. 1857-1858. Handleiding tot de beoefening der dierkunde. 2 vols. 1860-1862. De dieren van Nederland. 1862-1876. Revue méthodique et critique des collections déposées dans cet établissement. 7 Vols. 1863-1872. De Dierentuin van het Koninklijk Zoologisch Genootschap Natura Artis Magistra te Amsterdam zoölogisch geschetst. 1868. Natuurlijke Historie van Nederland. 1870. Natuurlijke Historie van Nederland. 1870. Natuurlijke Historie van Nederland 1870. Natuurlijke Historie van Nederland. 1872. De dierentuin van het Koninklijk Zoölogisch Genootszchap Natura Artis Magistra te Amsterdam. De vogels. De zoogdieren. De kruipende dieren. Met historische herinneringen van P.H. Witkamp''.

Abreviatura A abreviatura Schlegel emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1804 Categoría:Nados en Altenburg Categoría:Finados en 1884 Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua neerlandesa