Paulo III, nado como Alessandro Farnese en Canino o 29 de febreiro de 1468 e finado en Roma o 10 de novembro de 1549, foi Papa o 13 de outubro de 1534 ata a data da súa morte.
Traxectoria Recibiu educación de grandes mestres humanistas en Roma e Florencia. Durante o pontificado de Alexandre VI, e con gran tacto político e moita experiencia, o cardeal chegou moi novo (20 de setembro de 1493).
Durante o seu pontificado, Michelangelo executou a pintura do Xuízo Final no altar da Capela Sistina, obra realizada entre 1535 e 1541, encargada polo seu predecesor, Clemente VII.
Morte Pouco despois do final do primeiro período do Concilio (1545-1547), o papa Paulo III morreu de súpeto o 10 de novembro de 1549. Padeceu unha febre violenta e morreu rapidamente no Palacio do Quirinale, aos 81 anos. Os seus restos descansan na basílica de San Pedro, nunha tumba de Guglielmo della Porta.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Farnese family tree from about 1390 to 1766. Sublimus Dei – On the Enslavement and Evangelization of Indians in the New World – 1537
Categoría:Nados na provincia de Viterbo Categoría:Nados en 1468 Categoría:Finados en 1549 Categoría:Papas