miniatura|Retrato de Mutsuhito (1888) Mutsuhito coñecido polo seu nome póstumo como , nado en Kyoto o 3 de novembro de 1852 e finado en Tokyo o 30 de xullo de 1912, foi o emperador do Xapón número 122º, segundo a orde tradicional de sucesión imperial xaponesa, reinando dende o 3 de febreiro de 1867 ata a súa morte.

Dende a súa morte, estableceuse a tradición de dar o nome da era conxuntamente co seu reinado. Como gobernou no período Meiji, é coñecido como emperador Meiji.

Traxectoria Foi fillo de Kōmei Tennō e da consorte Nakayama Yoshiko. Cando naceu a finais de 1852, o Xapón era un país illado, preindustrial e feudal, dominado polo shogunato Tokugawa e os daimyō, que controlaban os máis de 250 dominios descentralizados do país. Cando faleceu en 1912, o país experimentara unha revolución política, industrial e social que trouxo como resultado a transformación do Xapón nunha potencia mundial.

Meiji Tennō foi o líder simbólico da restauración Meiji onde o shogunato Tokugawa foi abolido por forzas imperiais nunha breve convulsión interna coñecida como a guerra Boshin. Tras isto, o emperador Meiji proclamou a conversión do Xapón a un goberno democrático de corte occidental. Non obstante, o parlamento xaponés carecía de poderes reais e tampouco os tiña o emperardor, xa que o poder pasou entón de mans dos Tokugawa a unha nova nobreza genrō formada polos daimyō e os samurais que axudaran á restauración. Esta nova oligarquía situou os seus homes nas esferas políticas e militares do novo goberno.

A restauración e a modernización consecuente converteron o Xapón nunha potencia industrial, situándoa por riba doutros estados do Pacífico. Aínda que a función do emperador na restauración é discutida, a súa influencia puido ser importante nas guerras en que o Xapón se viu involucrado a comezos do século XX. Entre as medidas que tomou destácanse ademais o traslado da capital de Kyoto a Tokyo, a implantación dun novo sistema de estudos (1872), a institución do senado (genroin, 1875), a inauguración da Asemblea Nacional (1890) e a anexión de Corea (1910). O emperador Meiji tivo unha gran lonxevidade no trono manténdose no poder máis de 40 anos.

Na cultura popular O emperor Meiji foi interpretado por Toshirō Mifune no filme xaponés The Battle of Port Arthur (coñecido tamén como 203 Kochi), de 1980.The Battle of Port Arthur (203 Koshi) en Internet Movie Database Dirixido por Toshio Masuda, o filme mostra o sitio de Port Arthur durante a guerra ruso-xaponesa.

O emperador aparece no filme de 2003 O último samurai, interpretado por Nakamura Shichinosuke II. No filme, o emperador amósase como feble, fácil de manipular, sen ter que afrontar o risco dun golpe de estado. A súa determinación só aparece ao final, cando rompe o tratado cos estadounidenses tras consolidar o seu poder logo da batalla.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía OCLC 413111 /; /; OCLC 31515308 /; OCLC 46731178 /; /; OCLC 23869701 Ligazóns externas Meiji Shrine Meiji Emperor

Categoría:Emperadores do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Kyoto Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1912