260px|miniatura| O río SaveDiciclopedia do século 21, tomo 3, O-Z, p. 1899. (Ed. Cumio, Galaxia, Do Castro, 2007). ou Sava (en alemán: Save, en esloveno: Sava, en húngaro: Száva) é un río que pasa por Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Serbia. É un afluente dereito do río Danubio, confluíndo en Belgrado. Ten 940 km de longo. No tempo dos romanos era coñecido como Savus. Considérase o límite norte dos Balcáns.

Localización e características O Sava ten dúas fontes principais, ambas as dúas na rexión alpina do noroeste de Eslovenia. A fonte do Sava Dolinka atópase en Zelenci, preto de Kranjska Gora. O Savica ("pequeno Sava"), que verte as súas augas no lago Bohinj saíndo despois como Sava Bohinjka, é a outra fonte. Os dous brazos do Sava xúntanse en Radovljica e o río toma o nome de Sava a partir deste punto.

Os seus afluentes máis importantes son desde o nacemento ata a desembocadura son os ríos Ljubljanica, Savinja, Mirna, Krka, Sotla, Kupa, Lonja, Orljava, Bosut, Una, Vrbas, Ukrina, Bosna, Tinja, Lukovac, Drina e mais o río Kolubara.

O Sava pasa polas seguintes cidades: Kranj, Zagorje ob Savi, Trbovlje, Hrastnik, Radeče, Liubliana, Zidani Most, Sevnica, Krško e Brežice en Eslovenia, Zagreb, Sisak, Slavonski Brod e Županja en Croacia, Bosanski Šamac e Brčko en Bosnia-Hercegovina e Sremska Mitrovica, Šabac e Belgrado en Serbia.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ríos de Croacia Categoría:Ríos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Ríos de Serbia Categoría:Ríos de Montenegro Categoría:Ríos de Albania Categoría:Afluentes do Danubio