Jason Alan Kapono, nado o 4 de febreiro de 1981 en Long Beach, California, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Foi o primeiro xogador na historia da National Basketball Association (NBA) en ser o líder en porcentaxe de anotación de triplas dúas tempadas consecutivas. Gañou o campionato da NBA nunha ocasión, cos Miami Heat en 2006.
Traxectoria profesional Kapono foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Tras participar en 41 partidos cos Cavaliers na súa tempada de rookie, foi elixido polos Charlotte Bobcats no draft de expansión de 2004. En 2005 asinou cos Miami Heat, equipo co que gañaría o seu único anel de campión da NBA, na tempada 2005-06.
O 9 de xuño de 2009, Kapono foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Reggie Evans.Philadelphia 76ers Acquire Forward Jason Kapono From Toronto, NBA.com, 9 de xuño de 2009.
O 9 de decembro de 2011, Kapono asinou cos Los Angeles Lakers.Lakers sign Kapono O 15 de marzo de 2012, Kapono foi traspasado xunto a Luke Walton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012 ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Ramon Sessions e Christian Eyenga. Dous días despois foi cortado polos Cavs.
O 15 de novembro de 2012, Kapono asinou co Panathinaikos BC grego.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Estadounidenses de ascendencia hawaiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia portuguesa