A C-15 ou Eix Diagonal é unha estrada da rede básica primaria de Cataluña, desdobrada en autovía na parte final do seu percorrido. É titularidade da Generalitat de Cataluña e ten 45 km de lonxitude entre Igualada e Vilanova i la Geltrú.

A estrada une as comarcas do Anoia, Alt Penedès e Garraf, pasando por varias localides importantes como Igualada, Vilafranca del Penedès e Vilanova i la Geltrú.

O primeiro treito da estrada inaugurouse en 2003 entre Puigdàlber e Igualada. En 2011 inaugurouse o último tramo ata Vilanova i la Geltrú en forma de autovía.

Véxase tamén Lista de autoestradas e autovías de España

C-15