Ana Ferradás Barrera, nada en Ribadeo o 18 de xullo de 1963, é unha atleta galega tricampioa de España dos 100 km en 2006, 2007 e 2008. Sinalou que na súa experiencia no mundo do deporte viviu a desigualdade de xénero.
Traxectoria
Despois de comezar a xogar ó baloncesto de nova, iniciouse no atletismo correndo un medio maratón. Correu o seu primeiro maratón no ano 2000 en Donosti. En Madrid no ano 2008 correu por España o campionato de Europa de 24 h, facendo 177,36 km, acadando o noveno posto.
Despois de gañar o seu primeiro campionato de España de 100 km co Club Atletismo Narón, pasou ó Club de Atletismo Ribadeo dende a súa fundación no 2006, co que ganou os dous seguintes campionatos de 2007 e 2008.. Tras a súa participación no Campinato de Europa sufriu unha serie de contratempos, dende o funcionamento dun ril inmediatamente despois a lesións dos tibiais, variando o seu perfil aínda que continúa participando en carreiras e ganando premios como veterana.
Ten unha marca persoal de 3 h 5 min na Maratón.
Distincións Distinción ao Mérito Deportivo Galego (2025).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ana Ferradás en Runedia
Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1963 Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes