Zumba é unha disciplina fitness creada a mediados dos anos 1990 polo colombiano Alberto "Beto" Pérez, enfocada por unha banda a manter un corpo saudable e por outra a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.

Zumba utiliza dentro das súas rutinas os principais ritmos latinoamericanos, como o son a salsa, o merengue, a cumbia, reggaetón e a samba.

O zumba pódese practicar a calquera idade e en calquera momento, xa que existen distintas modalidades: Zumba Kids, Zumba Gold, Zumba Basic, Zumba Step, Zumba Toning, Aqua Zumba, Zumba Sentao, entre outras.

Orixes de zumba Termo acuñado por Beto Pérez, creador da disciplina e a marca “Zumba”. Beto quixo chamarlle "rumba", pero este nome xa estaba collido para o xénero musical cubano e podía crear confusión. Así que el e o seu socio comezaron a probar iniciais ata que lles gustou "sumba", pero Beto Pérez decidiu escribilo con "z" porque lle gustaba o personaxe Zorro cando era neno.

O Zumba é unha franquía ou nome comercial que representa unha actividade aeróbica para clases dirixidas, utilizando pasos, estilo e música similares aos ritmos latinoamericanos. Unha sesión de Zumba consiste nunha sucesión de cancións que suman os 60 minutos da clase. Para desenvolver os exercicios, aprovéitanse da estrutura da canción (verso, refrán, instrumental etc.). Desta forma dáse coherencia ao "baile" que o fai máis entretido. Utiliza un "Estilo libre coreografiado" como método de ensino. Cada estrutura ensinada repítese durante unha mesma secuencia da canción, alternando con outras secuencias e vólvese a repetir cando estas sexan iguais.

Por exemplo: Podemos facer unha combinación de pasos no refrán e ir repetindo mentres dure este e cada vez que apareza este refrán: "azucre!". Como todo exercicio de intensidade moderada - alta quéimanse calorías e a intensidade está medida polos factores coreográficos e a dedicación do executante.

Hai que distinguir as clases impartidas en estilo libre coreografado das de estilo coreografado. Aínda que ambas se poden utilizar na mesma sesión, a primeira alterna diversos pasos durante un período, repetíndoos en determinadas secuencias, pero sen implicar unha coreografía. A segunda, en cambio, está baseada nas progresións un produto final de duración determinada denominado coreografía final".

Beneficios

Queima de calorías Tonificante muscular Liberación tensións Sociabilizade Aumento da tolerancia á acumulación de ácido Estimulante do humor

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Coidado persoal Categoría:Estilos de baile Categoría:Deportes