Farah Ahmed Alí, nada en Melilla en 1981, é unha modelo española. A súa familia e ela son de relixión musulmá (forman parte da etnia bérber).
Traxectoria É a maior dos seus catro irmáns e con 14 anos iniciou a súa traxectoria no mundo da moda. En 2003 foi nomeada Miss Mellilla e converteuse na primeira muller musulmá que representa a unha cidade española nun certame de beleza.
En 2004, participou en Miss España onde foi a segunda Dama de Honra. Ademais, representou a España no certame de Miss Europa 2005. Pouco despois, trasladouse a vivir a Madrid e no ano 2006 foi protagonista dunha adaptación teatral da serie "Mujeres desesperadas", baixo o título "Seis mujeres desesperadas". Tamén hai que destacar, nese mesmo ano participou no programa de TV de Telecinco; "Esta cocina es un infierno" na que acabou sendo finalista, despois da súa experiencia televisiva foi a portada da revista masculina Sie7e.
Notas
Categoría:Nados en Melilla Categoría:Nados en 1981 Categoría:Modelos femininas de España