Wessex foi un dos sete reinos principais (Heptarquía anglosaxoa) que precederon ó reino de Inglaterra. O nome vén de West Saxons e está situado no sur/suroeste de Inglaterra. Existiu como reino dende o século VI ata a aparición do estado inglés no século IX e como condado entre 1016 e 1066. Wessex foi precisamente o reino que conseguiu unificar Inglaterra ó someter os demais reinos anglosaxóns baixo a súa soberanía. Non volveu ter unha existencia oficial dende entón, pero permanece como un termo familiar. Acostuma estar asociado coas novelas e poesías de Thomas Hardy e hai xente que defende que sexa restaurado como unha rexión de Inglaterra.

Historia

Fundación do Reino Segundo a Crónica Anglosaxoa, Wessex foi fundado por Cerdic e Cynric, aínda que os feitos relatados pola crónica son considerados dubidosos. Evidencias arqueolóxicas apuntan a que o reino se puido orixinar na rexión do alto Támese e na área de Cotswolds, e que o mito de creación do reino puido ser propaganda política creada con posterioridade para xustificar a invasión das provincias xutas do sur de Hampshire e a Illa de Wight.

Resto da historia O primeiro feito referente á historia de Wessex que pode ser considerado como histórico é o bautismo do rei Cynegils cara ao ano 640.

Wessex expandiu as súas fronteiras e chocou cos seus veciños, especialmente co reino celta de Dumnonia (situado nos actuais condados de Devon e Cornualla, ó que acabou sometendo. Outro inimigo de Wessex foi o reino anglosaxón de Mercia. Cando o rei Ecgberht derrotou a Mercia en 825 e Northumbria admitiu a supremacía de Wessex en 829, Ecgberht proclamouse primeiro rei de Inglaterra.miniatura|Wessex no século IX|esquerdaWessex creou un sistema integrado de pobos fortificados ou burgos (chamados burhs) que foron establecidos durante o reinado de Alfredo o Grande. Estas fortificacións impediron que os invasores daneses conquistaran no 870 o sur de Inglaterra. As fortificacións estaban distribuídas de tal forma que ningún habitante do reino estaba a máis dun día de a cabalo dun lugar seguro.

As principais poboacións de Wessex era antigos asentamentos de orixe romana como Dorchester ou Winchester, que Alfredo converteu na súa capital en 871 e novos burgos fundados como Wallingford.

Hai algunhas evidencias de que a monarquía de Wessex non era estritamente hereditaria.

Reis de Wessex

Duración do reinadoRexenteNotasDinastía dos GewissaeDinastía de Cerdic519 ao 534CerdicCERDIC ELESING GEVVISSÆ CYNINGCERDIC REX GEVVISSÆ534 ao 560CynricCYNRIC CERDICING GEVVISSÆ CYNINGCYNRIC REX GEVVISSÆ560 ao 591CeawlinCEAVVLIN CYNRICING GEVVISSÆ CYNINGCEAVVLIN REX GEVVISSÆ591 ao 597CeolCEOL CVÞING GEVVISSÆ CYNINGCEOL REX GEVVISSÆ597 ao 611CeolwulfCEOLVVLF CVÞING GEVVISSÆ CYNINGCEOLVVLF REX GEVVISSÆ611 ao 643CynegilsCYNEGILS CEOLING GEVVISSÆ CYNINGCYNEGILS REX GEVVISSÆc.626 ao 636CwichelmCVVICHELM CYNEGILSING GEVVISSÆ CYNINGCVVICHELM REX GEVVISSÆ643 ao 645CenwalhCENVVALH CYNEGILSING GEVVISSÆ CYNINGCENVVALH REX GEVVISSÆDeposto.Dinastía de Mercia645 ao 648PendaPENDA PYBBING MIERCNA 7 GEVVISSÆ CYNINGPENDA REX MIERCNA ET GEVVISSÆReino dos Saxóns do OesteDinastía de Cerdic648 ao 674CenwalhCENVVALH CYNEGILSING VVESTSEAXNA CYNINGCENVVALH REX SAXONVM OCCIDENTALIVMRestaurado; reinou xunto á súa esposa Seaxburh do 672 ao 674.672 ao 674Raíña SeaxburhSEAXBVRG VVESTSEAXNA CVENSEAXBVRH REGINA SAXONVM OCCIDENTALIVMReinou xunto ao seu marido Cenwalh de Wessex ata a súa morte no 674.674 ao 674CenfusCENFVS CENFERÞING VVESTSEAXNA CYNINGCENFVS REX SAXONVM OCCIDENTALIVM674 ao 676AescwineÆSCVVINE CENFVSING VVESTSEAXNA CYNINGÆSCVVINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM676 ao 685CentwineCENTVVINE CYNEGILSING VVESTSEAXNA CYNINGCENTVVINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVMDeposto por Caedwalla.685 ao 688CaedwallaCÆDVVALLA CENBRYHTING VVESTSEAXNA CYNINGCÆDVVALLA REX SAXONVM OCCIDENTALIVMUsurpador; abdicou.688 ao 726Ine(Ina)INE CENREDING VVESTSEAXNA CYNINGINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVMAbdicou.726 ao 740AethelheardÆÞELHEARD VVESTSEAXNA CYNINGÆÞELHEARD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM740 ao 756CuthredCVÞRED VVESTSEAXNA CYNINGCVÞRED REX SAXONVM OCCIDENTALIVM756 ao 757SigeberhtSIGEBRYHT VVESTSEAXNA CYNINGSIGEBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVMDeposto (morto?) por Cynewulf.757 ao 786CynewulfCYNEVVLF VVESTSEAXNA CYNINGCYNEVVLF REX SAXONVM OCCIDENTALIVMAsasinado por Cynehard, irmán de Sigeberht.786 ao 802BeorhtricBEORHTRIC VVESTSEAXNA CYNINGBEORHTRIC REX SAXONVM OCCIDENTALIVM802 ao 839EcgberhtECGBRYHT EALHMVNDING VVESTSEAXNA CYNINGECGBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM839 ao 856AethelwulfÆÞELVVLF ECGBRYHTING VVESTSEAXNA CYNINGÆÞELVVLF REX SAXONVM OCCIDENTALIVM856 ao 860AethelbaldÆÞELBALD ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNINGÆÞELBALD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM860 ao 865AethelberhtÆÞELBRYHT ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNINGÆÞELBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM865 ao 871Aethelred IÆÞELRED ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNINGÆÞELRED REX SAXONVM OCCIDENTALIVM871 ao 899Alfredo o GrandeÆLFRED ÆÞELVVLFING ÐE GREAT VVESTSEAXNA CYNINGÆLFRED MAGNVS REX SAXONVM OCCIDENTALIVMÚnico Monarca inglés que recibiu o título de O Grande.Primeiro rei dos anglosaxóns.899 ao 924Eduardo o VelloEADVVEARD ÆLFREDING ÐE ELDRA WESTSEAXNA CYNINGEADVVEARD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM Falecido o 17 de xuño de 924924 ao 924EthelweardSegundo fillo de Eduardo o Vello, morto o 2 de agosto de 924, posibelmente antes da coroación.925 ao 927AethelstanÆÞELSTAN EADVVEARDING WESTSEAXNA CYNNINGÆÞELSTAN REX SAXONVM OCCIDENTALIVMPrimeiro rei de Inglaterra

Véxase tamén

Ligazóns externas The Case for Wessex (devolutionary movement) The Burghal Hidage Thomas Hardy's WessexResearch site by Dr Birgit Plietzsch

Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Heptarquía anglosaxoa Categoría:Estados da Idade Media