Peaky Blinders é unha serie de televisión británica emitida na canle BBC Two. O seu creador é o escritor británico Steven Knight e está protagonizada polo actor Cillian Murphy. A trama principal da serie é a vida dunha familia de gánsters de orixe xitana de Birmingham na década de 1920.

Os creadores da serie inspiráronse nos Peaky Blinders, unha banda criminal do Birmingham de finais do século XIX, que se di que levaban cosidas navallas nas súas boinas que logo utilizaban como armas.

Historia O nome de Peaky Blinders non ten unha tradución exacta, pero a que máis se lle asemella é Os cegadores con boina. Esta banda criminal existiu na realidade a finais do século XIX. A serie relata a súa historia de forma anecdótica e ficticia, aínda que tamén mestura feitos históricos.

De cara finais do século XIX, Birmingham pasaba por un momento de crise e pobreza. Debido a esta desesperada situación, o crime semellaba a única saída para os máis novos da época; polo que se crearon diversas bandas criminais. As pelexas, roubos, asasinatos, etc convertéronse en algo habitual. En pouco tempo, a banda dos Peaky Blinders converteríase nunhas das máis famosas e temidas. Estaba composta por irlandeses con orixe xitano e o seu barrio era o de Small Heath.

Os integrantes máis relevantes da banda foron David Taylor, Earnest Haynes, Harry Fowles, Stephen McNickle e Thomas Gilbert

Na serie o líder é Thomas Shelby, pero na realidade a banda non estaba liderada por unha única familia e non hai constancia do apelido da familia Shelby como xefes dos Peaky Blinders.

Elenco

Cillian Murphy é Thomas Shelby; o xefe da banda. Heroe de guerra, ambicioso, e líder nato. Sam Neill é o inspector xefe Chester Campbell. Policía que chega a Birmingham co fin de cumprir unha misión. Helen McCrory é a tía Polly Gray. A líder feminina da familia Shelby. Annabelle Wallis  interpreta a Grace Burgess, unha moza irlandesa que chega á vila cun pasado misterioso e escuro. Paul Anderson é Arthur Shelby. O irmán máis vello da familia. É impredicible, apaixonado e unha bomba de reloxería. Sophie Rundle  é Ada Shelby, a irmá máis nova da familia. Mantén un romance secreto cun inimigo da familia, Freddie Thorne. Joe Cole interpreta a Jonh Shelby. É o irmán máis novo da familia. Tom Hardy é Alfie Solomons. Chega a serie misteriosamente como líder dunha banda criminal xudía.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión iniciadas en 2013 Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1910 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1920