Porno for Pyros é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Porno for Pyros, publicado o 27 de abril de 1993 a través do selo Warner Bros. Records. O guitarrista de Jane's Addiction Dave Navarro e o baixista Eric Avery, loitando contra problemas de abuso de drogas, deixaran a banda en 1991 nun intento de rehabilitarse, aínda que a outra metade do grupo continuou crenado música. Os outros dous membros de Jane's Addiction, Perry Farrell e Stephen Perkins, uníronse ao guitarrista Peter DiStefano e ao futuro baixista de Jane's Addiction Martyn LeNoble, e continuaron tocando baixo o nome da nova banda Porno for Pyros. O nome do grupo (e do álbum) é unha referencia aos disturbios dos Ánxeles de 1992, que son mencionados nas cancións do disco como tema recorrente.

O álbum foi certificado ouro nos Estados Unidos pola RIAA e tiña o sinxelo número 1 na lista Modern Rock "Pets".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Porno for Pyros Categoría:Álbums musicais de 1993 Categoría:Álbums producidos por Matt Hyde Categoría:Álbums de Warner Bros. Records