Maribel Álvarez López-Vega, nada en Oviedo o 29 de maio de 1935, coñecida como Maribel Álvarez. Escritora e locutora de radio, desenvolveu toda a súa carreira en Radio Juventud de Barcelona e RJ 2 en estereofonía.Radio Mocidade Tamén traballou en diversos espazos relacionados coa voz, máis unhas pequenas intervencións de imaxe en series de TVE.Perfil de Maribel Álvarez en IMDb
Traxectoria
Na radio Ós 13 anos entrou en contacto con Radio Oviedo porque necesitaban a mozos e mozas novas para interpretar en directo contos infantís.
En 1959 trasladouse a Barcelona onde foi contratada por Radio Juventud. Álvarez fixo unha pausa por cuestións persoais e regresou en 1964 cando entrou a formar parte do persoal de locutores.
Até ese momento, o nome de Radio Juventud estaba relacionado coas "mocidades da Falanxe" e co "Movemento", e o obxectivo marcado para a nova etapa era o de outorgarlle un aire novo e moderno, sen mención política algunha.
Álvarez traballou durante unha tempada con Pedro Ruiz nun programa de humor creado e dirixido por el mesmo en Radio Barcelona. Con Jordi Estadella realizou unha serie de reportaxes de contido social.No programa "Las tardes de Odette" coñeceu ó actor de teatro Gabriel Agustí, quen se convertería na súa parella dende entón.
Na televisión En 1975 colaborou en televisión, na serie Original de La 2, realizada por Esteban Duran.
En 1984, interpretou a Ruth Benet en Yo robo, tú chantajeas, ella estafa y además un muerto, tamén por Esteban Duran.
Tamén traballou en dobraxes, especialmente en series de televisión e puxo a súa voz en campañas de publicidade para anuncios de televisión e cuñas de radio.
Notas
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá