A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Nesta comarca atópase a Serra do Courel e limita polo sur co río Sil. Gran parte da comarca inclúese na Reserva da Biósfera da Ribeira Sacra e no LIC Ancares-Courel. É unha das zonas máis importantes de Galicia no referente ao patrimonio natural.

Evolución da poboación Evolución da poboación da comarca nos últimos lustros: Ano 1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 20162020 Poboación 10.197 10.447 8.763 7.994 7.245 6.590 6.020 5.4065.107

Padrón municipal 2020 5.107 habitantes Menores de 15 anos 374 (7,32 %) Entre 16 e 64 anos 2.628 (51,46 %) Maiores de 65 anos 2.105 (41,22 %)

Galería de imaxes

Notas

Quiroga