O 2 de xaneiro é o 2º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 363 días para finalizar o ano, 364 nos anos bisestos.
Acontecementos Ata 1900 69 - As lexións da Xermania rebélanse nomeando emperador a Vitelio. 366 - Os alamáns cruzan o xeado río Rin invadindo o Imperio Romano. 533 - Mercurio é proclamado Papa, e como o seu nome evocaba un deus pagán é o primeiro en trocar de nome para o papado adoptando o de Xoán II. 1482 - Establécese a Inquisición en Sevilla. 1492 - Os Reis Católicos entran en Granada, que fora conquistada polos árabes. 1519 - Celébrase por primeira vez en Granada a procesión do Día da Toma, segundo o disposto no testamento do rei Fernando o Católico. 1521 - Real Cédula da raíña Xoana de Castela pola que se lle concede o título de vila a Mijas (provincia de Málaga). 1536 - Chega a Santa Marta (Colombia) a expedición do sevillano Pedro Fernández de Lugo que saíra de Tenerife en novembro do ano anterior. 1702 - Ten lugar en Tarifa (Cádiz) unha das máis grandes inundacións da súa historia. A riada ocorreu durante o día e non houbo que lamentar perda ningunha de vidas humanas. 1705 - Créase o corpo dos "Escopeteros Voluntarios de Getares" para vixilancia do contrabando na baía de Alxeciras. Tiña a súa sede na cidade de Tarifa (Cádiz) con corenta homes escollidos da veciñanza. O seu mando foille outorgado a Gaspar Salado, capitán das Milicias Urbanas Andaluzas. 1757 - O Reino Unido captura Calcuta, capital da India. 1762 - Inglaterra declara a guerra a España, temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois. 1776 - Xosé II de Austria establece a abolición da tortura. 1782 - Xosé II de Austria promulga o Edicto de Tolerancia onde garante dereitos e obrigacións cidadás ós non cristiáns no seu país, incluíndo os xudeus. 1790 - Estrea da obra de teatro Cosi fan tutte en Viena de Wolfgan A. Mozart. 1791 - Ante o acollemento do primeiro número do xornal Mercurio peruano, este segue a editarse semanalmente cun número extra. 1814 - A Asemblea Representativa de Venezuela outorga a Simón Bolívar poderes absolutos. 1829 - Decrétase a expulsión dos españois residentes en México. 1833 - Gran Bretaña apodérase do arquipélago arxentino das illas Malvinas coa entrada da corveta Cleo en Puerto Soledad. 1839 - Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa. 1866 - O Goberno español pecha as cátedras do Ateneo. 1868 - A cidade de Asunción entrégase ós rebeldes que loitan contra o ditador de Paraguai, Francisco Solano López. 1870 Comeza a construción da Ponte de Brooklyn. Convértese en monarquía constitucional a ditadura que exerceu en Francia Napoleón III. 1871 - O rei de España, Amadeu de Savoia, xura a Constitución. 1872 - Arrestado Brigham Young presidente da igrexa dos mormóns acusado de poligamia (tiña 25 esposas). 1874 - Emilio Castelar, presidente da República española, perde a confianza do Parlamento e presenta a súa dimisión. 1876 - As invasións dos pobos indíxenas en Tapalqué (Buenos Aires), foron polas tropas do coronel Conrado Villegas. 1882 - A Standard Oil Company de Ohio e varias subsidiarias constitúen a Standard Oil Trust 1886 - Francia establece o seu protectorado en Madagascar. 1890 - Fúndase a Universidade Nacional da Plata (Arxentina).
1901 - 1950 1902 Estrada Palma é elixido presidente de Cuba. Convócase unha folga do metal en Barcelona. 1903 O Goberno búlgaro denuncia o tratado comercial que o une a Austria-Hungría. Cuba: Publícase na "Gaceta Oficial" o decreto número 1, para a creación da Xunta Superior de Sanidade da illa de Cuba. 1904 - Os herdeiros sublévanse contra os colonos europeos en Windhoek e Okahuadja. 1905 - Durante a Guerra ruso-xaponesa Port Arthur cae en poder dos xaponeses. 1906 - María Tareixa de Borbón, infanta de España, celebra o seu casamento co infante Fernando de Baviera e Borbón. 1908 Suspéndense as garantías constitucionais en Barcelona e Xirona a causa dunha vaga de terrorismo. Estréase en Viena a ópera Ein Wintermärchen de Karl Goldmark. 1909 - Pío Baroja publica a novela La ciudad de la niebla. 1910 - Cuba: Por primeira vez aplícase a "fórmula 606", na Quinta de Hixiene. 1912 Inaugúrase en Alemaña o novo alumeado de gas de neon. Nun taller mecánico da Praza de las Vizcaínas da cidade de México, realízase o primeiro avión feito no país. Os seus construtores son o mexicano Juan Guillermo Villasana e o ruso inmigrante Santiago Poveregsky. Real Decreto polo que o rei Afonso XIII concede á vila de Adra (Almería) o título de cidade. 1913 - O Imperio Otomán renuncia ós seus territorios europeos, con excepción dos estreitos, e propón a independencia de Albania. 1914 - Afonso XIII disolve o Congreso. 1915 - Estréase en Barcelona a obra teatral La verdad de Jacinto Benavente. 1918 - Numerosas obras de arte son destruídas por un incendio no Palacio Real de La Granja (Segovia). 1919 - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava. 1921 O vapor Santa Isabel vai a pique fronte a Sálvora, morrendo 213 persoas. Fúndase o Cruzeiro Esporte Clube, de Belo Horizonte, no Brasil. Inauguración do tramo de ferrocarril entre as localidades onubenses de La Palma e Bollullos. 1922 - Crimea obtén a indepencia. 1923 O marco alemán volve sufrir unha forte caída. Inglaterra e Francia non chegan a ningún acordo na Conferencia de Reparacións celebrada en París. 1924 - Celébrase en Madrid un gran combate de boxeo entre Morgan e Ambrosini. 1926 - Comenzan a emitirse en España os diarios radiofónicos, chamados "La palabra". 1928 - Arxentina: Fúndase o Clube Atlético Victoriano Arenas 1929 Anúnciase a creación dun concurso de beleza, que permitirá a elección de "Miss España". Efectúase unha división territorial de Chile, quedando o país dividido en 16 provincias, e suprímense sete das existentes. 1930 Chiang Kai-shek asume a xefatura do poder civil na China. Contabilízanse en España 240 000 automóbiles matriculados. Estrea no teatro Alcázar de Madrid de La hermana San Sulpicio, de Armando Palacio Valdés. 1931
O presidente panameño Arosemena é destituído polo movemento nacionalista da Acción Comunal Patriótica. Un accidente ferroviario en Kazán (URSS) causa a morte de 65 persoas. Vaga de frío en toda España; en Madrid alcánzanse 7 graos baixo cero e 14 en Burgos. 1933
Edgardo Day realiza o traxecto entre Buenos Aires e Montevideo cun biplano Moth 60. Comenza en Barcelona o alzamento de anarquistas e sindicalistas. 1934 - O poeta español Vicente Aleixandre gaña o primeiro premio do Concurso Nacional de Poesía. 1937 - Acordo italobritánico sobre o mantemento do statu quo no Mediterráneo. 1938 - A poboación da Arxentina estímase en 12 761 500 habitantes segundo algúns xornais. 1939 - O físico atómico italiano Enrico Fermi exíliase en Nova York. 1940 Dende 1857 ata 1940 foron chegando á Arxentina 2 111 397 españois. O segundo continxente de tropas canadenses desembarca na Gran Bretaña. 1942 - Durante a segunda guerra mundial os xaponeses entran en Manila. 1944 - Tropas dos Estados Unidos desembarcan en Saida, Nova Guinea. 1945 - Avións estadounidenses atacan as illas de Formosa e Okinawa. 1949 - Luis Muñoz Marín convértese no primeiro gobernador elixido democraticamente de Porto Rico.
1951 - 2000 1952 O Tribunal Supremo español confirma as penas de morte impostas aos dous delincuentes que asasinaron unha anciá, á que roubaron 175 pesetas. A RDA négase a que unha comisión da ONU prepare a organización de eleccións libres no seu territorio. Dítanse en España novas normas de reorganización das Brigadas de Investigación Criminal, Político-social e Móbil. 1954 - O día antes do comezo das emisións da televisión italiana, o papa Pío XII advirte dos perigos que entraña a televisión para a familia. 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá é asasinado a tiros. 1956 - Estréase en Barcelona a película Johnny Guitar, dirixida por Nicholas Ray. 1958 - O Goberno de Caracas anuncia a rendición dos sublevados en Maracai. 1959
Buques pesqueiros mexicanos son apresados pola mariña guatemalteca. Fidel Castro faise co poder en Cuba e Manuel Urrutia é nomeado presidente de Cuba polo Movemento 26 de Xullo. Os tres días de disturbios en Léopoldville causan 42 mortos. Lánzase a sonda rusa Lunik I, primeiro trebello mandado a Lúa. 1960 - Estatísticas do tráfico de 1959: 983 vítimas en 10 347 accidentes. 1961 A URSS pon en circulación o novo rublo soviético. Fúndase en Sevilla a Agrupación Provincial de Canaricultores, nomeando primeiro presidente a Diego Muñoz Vega. 1963 - Conséguese con éxito en Shanghai (China) a reimplantación dunha man. 1965 Ayub Khan elixido presidente de Paquistán. Son liberados 23 misioneiras españolas e un crego que foran secuestrados polos rebeldes congoleses. 1966 - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato como presidente de Bolivia. 1968 - O doutor Christiaan Barnard leva a cabo o primeiro transplante de corazón. Ese mesmo día parece ser que o dentista Philip Blaiberg é a segunda persoa en recibir, no hospital Groote-Schuur de Cidade do Cabo, un corazón alleo. 1971 - 66 mortos pola rotura das bancadas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia. 1973 - Reanúdanse en París as conversacións sobre Vietnam. 1976 - A Unión Soviética dificulta a súa política migratoria a pesar de asinar o acordo de Helsinqui de 1975, que avoga por un movemento máis liberal de persoas e ideas en Europa. 1978 - A igrexa católica amosa o seu descontento coa aconfesionalidade do anteproxecto constitucional de España. 1979 - Son asasinados un comandante do exército e un cabo da policía armada no País Vasco. 1981 - Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado. 1983 Constitúese no Perú o segundo goberno do presidente Belaúnde Terry. O presidente francés François Mitterrand asegura que o seu país non reducirá o número de mísiles nucleares e sinala que as conversacións sobre o desarmamento entre os Estados Unidos e a Unión Soviética "non son asunto noso". Despedida da comedia musical "Annie" no Alvin Theater de Nova York (despois de 2377 representacións). 1984 - Cinco barcos iranianos son atacados e destruídos pola Armada iraquí no Golfo Pérsico. 1985 Renfe pecha cerca de 1000 quilómetros de liñas férreas en España, dos que 750 corresponden a servizos de viaxeiros e proximidades. Kenya e Israel establecen relacións diplomáticas. Toma posesión do seu cargo o novo Gobernador de Porto Rico, Rafael Hernández Colón. 1986 O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a través do Estreito de Messina. Apróbase a Lei Electoral de Andalucía que ten por obxecto establecer o marco xurídico adecuado para a convocatoria e celebración de eleccións ó Parlamento de Andalucía. Decrétase o peche da emisora nicaraguana "Radio Católica", por negarse a transmitir, o día anterior, a mensaxe dirixida ó país polo presidente Daniel Ortega. 1988 - Isabel Preysler e Miguel Boyer contraen casamento civil na intimidade. 1990 O presidente do Estado checoslovaco, Václav Havel visita Berlín oriental e Múnic. Estatísticas do tráfico de 1989: 6054 vítimas en 5005 accidentes. 1991 - Rebeldes salvadoreños derriban un helicóptero estadounidense, perecendo os tres tripulantes, un polo choque e os outros dous aparentemente ultimados por guerrilleiros. 1992 Entra en vigor a libre circulación de traballadores españois na Unión Europea. Paraguai entra a formar parte da Convención de Berna. 1993 As tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra. Pedro Roselló xura o seu cargo como novo gobernador de Porto Rico. 1994 Retirada masiva de depósitos dos clientes de Banesto trala intervención do banco por parte do Banco de España. Alfredo Sáenz, do Banco Bilbao-Vizcaya, faise cargo da entidade. 1995 - Barrionuevo pide o amparo do CGPJ e acusa o xuíz Baltasar Garzón de deixalo "indefenso".