O alfabeto árabe () é a escritura usada en diversas linguas do mundo, como o árabe, o persa e o urdú. É o segundo alfabeto máis estendido a nivel mundial, só por detrás do alfabeto latino.
Hai diferentes sistemas estandarizados para a romanización do árabe, é dicir, adaptar o alfabeto árabe ao latino ou romano. Por exemplo, o SATTS ( - Sistema de transliteración técnica do árabe estándar) é un sistema empregado para adaptar o alfabeto árabe ao latino para angloparlantes adoptado polo Exército dos Estados Unidos.
O árabe ten características similares ao alfabeto hebreo, neste sentido é un abjad. Isto refírese ao feito de que as vogais curtas non se transcriben na maioría de libros e publicacións, senón que han de deducirse do contexto. Esta situación vese aliviada co feito de que as linguas semíticas poñen a maior parte do seu significado en consoantes e vogais longas, que si son transcritas. Ten 28 letras básicas, con algunhas variantes e diversos signos auxiliares.
A escritura árabe actual data do século IV e recibe o nome de nasji para diferenciala da primitiva escritura máis redondeada chamada cúfica. É unha escritura ligada e en forma cursiva, máis que unha sucesión de caracteres individuais. Ademais doutras consecuencias, isto implica que a forma da letra está influída pola posición que ocupa na palabra. Escríbese de dereita a esquerda; non ten maiúsculas e non se permite a división da palabra a final de liña; en cambio, é posible alongar os trazos de unión entre letras tanto como se queira, a fin de que o texto quede aliñado. As consoantes dobres indícanse cun tashdid, (un símbolo parecido á 'w') sobre a letra en cuestión.
O Corán, o libro máis importante do islam, está escrito usando o alfabeto árabe. Ademais da lingua árabe, hai varias linguas que usan este mesmo alfabeto, entre as cales se inclúen o urdú e o persa; o turco escribíase con árabe ata as reformas de Kemal Atatürk na década de 1920. Este foi reincorporado oficialmente polo goberno turco de Erdogan no ano 2014, aínda que só para o ámbito relixioso. Algúns musulmáns aragoneses e casteláns dos séculos XIV a XVI escribiron obras, principalmente relixiosas, en lingua romance con caracteres arábigos (o que se coñece como literatura alxamiada).
A caligrafía árabe considérase unha arte por dereito propio. Dado que o islam sunnita prohibe a representación de seres animados, a arquitectura islámica (mesquitas e palacios) adoita usar versículos do Corán delicadamente escritos. Un exemplo é o palacio da Alhambra de Granada.
Historia O alfabeto árabe xurdiu ao redor do século IV dunha evolución do alfabeto nabateo, que procedía da variante siríaca do alfabeto arameo, e esta variante deriva do alfabeto fenicio. O texto máis antigo coñecido do alfabeto árabe é unha inscrición de finais do século IV atopada na montaña de Jabal Ramm (a 50 km ao leste de Aqaba, Xordania), pero a primeira en usala plenamente. é un documento trilingüe (grego, siríaco e árabe) do ano 512 atopado en Zebed (Siria). De antes da chegada do islam, consérvanse poucos textos en alfabeto árabe; só quedan cinco inscricións das que non cabe dúbida (aínda que algún outro texto poida ser preislámico). No século VII engadíronse puntos arriba e debaixo das letras para diferencialas, a lingua aramea tiña menos fonemas que o árabe e as 15 letras arameas tiñan que servir para os 28 sons do árabe, coas ambigüidades resultantes. O documento máis antigo conservado que utiliza estes puntos é tamén o papiro árabe máis antigo, chamado PERF 558, e datado en abril do 643. Pero este sistema de diferenciación de sons non foi obrigatorio ata moito máis tarde. Na segunda metade do século VII introduciuse a hamza, antes da invención do alfabeto siríaco e da vocalización tiberiana do hebreo. Cara ao século VIII cambiouse a orde das letras, que se unían por afinidade de forma. Tamén se engadiron os signos vocálicos e diacríticos para facilitar a lectura e eliminar parcialmente as ambigüidades, utilizando inicialmente un sistema de puntos vermellos. Segundo algunhas fontes o seu uso expandiuse a instancias do gobernador omeia de Iraq, al-Hajjaj ibn Yússuf. Un punto encima da consoante significaba unha a; un punto debaixo da consoante unha i, un punto encima da liña unha u e puntos dobres significaban nunación. Non obstante, este sistema tamén causou certa confusión cos puntos de letras, e uns 100 anos despois impuxose o sistema actual de diacríticos ("fatha" ([a]), "kasra" ([i] ), "damma" ([u]), sukún (ausencia de vogal) e o tanwín para nunación ou xeminación).
Cando o alfabeto árabe se expandiu a países que tiñan outras linguas con sons non presentes en árabe, inventáronse novas letras para representar estes sons. Unha das alteracións máis comúns foi o uso de tres puntos arriba ou abaixo. Por exemplo para o son [p] e para o son [tʃ] presente en urdú, persa e kurdu ou para representar o son [ɡ] do persa e do kurdo. Idiomas que utilizan o alfabeto árabe Cada unha das linguas que usan este alfabeto ten a súa propia versión, normalmente con letras adicionais. Árabe: é o máis importante e estendido, oficial en 24 países, 2 dependencias e 4 organizacións internacionais. Con todo, hai unha diferenciación importante entre o árabe clásico ou culto, e as distintas formas do árabe dialectal ou popular que é a evolución propia do idioma. Persa: oficial en 3 países. Urdú: oficial en 1 país. Pastún: oficial en 1 país. Kurdo: oficial en 1 país. Uigur: oficial Xinjiang unha rexión autónoma da China.
Históricos O turco usou este alfabeto desde o século XIII ata as reformas ortográficas impulsadas polo goberno de Mustafa Kemal Atatürk na década de 1920. A partir de entón pasou a usar o alfabeto latino. O suahili usou o alfabeto árabe ata o século XVIII. Desde entón escríbese en alfabeto latino debido á colonización e influencia europea. A alxamía é a escritura con caracteres árabes doutros idiomas, e en español refírese sobre todo aos textos con escritura árabe de linguas romances da Península Ibérica, principalmente entre os séculos XIV e XVI, nas coroas de Castela e Aragón. O malaio usouno ata que o alfabeto latino desprazouno en uso cotián logo da chegada de colonos europeos, actualmente o alifato na súa variante jawi úsase no ámbito relixioso musulmán.
Estrutura do alfabeto árabe
O alfabeto árabe está composto por 28 letras básicas e escríbese de dereita a esquerda. Non hai diferenza entre as letras escritas e as impresas e non existe diferenciación entre letras minúsculas e maiúsculas. A maioría das letras únense coa seguinte, mesmo cando son impresas, e a súa aparencia cambia dependendo de se son precedidas ou seguidas por outras letras ou se están soas. O alfabeto árabe é un abjad impuro (as vogais curtas non se escriben pero as longas si) así que o lector debe coñecer o idioma para poder repor as vogais. Porén, nalgunhas edicións do Corán ou nalgúns traballos didácticos emprégase unha notación con marcas diacríticas para sinalar a vocalización. Ademais, en textos vocalizados, hai unha serie doutros caracteres diacríticos dos cales o máis moderno é unha indicación da omisión das vogais (sukūn) e da prolongación das consoantes (šadda).
Presentación do alfabeto O alfabeto árabe pode transliterarse e transcribirse de varias maneiras. O método preferido neste artigo será o DIN-31635. Alternativas pertencentes a outros estándares están indicados despois das barras oblicuas.
A liña horizontal diacrítica sobre as vogais longas é a miúdo substituída por un circunflexo porque é máis sinxelo de escribir na maioría dos teclados.
Unha transliteración do árabe debe permitir a reconstrución das letras árabes orixinais de maneira que mostre os caracteres que non se pronuncian ou que se pronuncian coma outros. Unha transcrición fonética indica só a pronunciación. A transcrición fonética segue as convencións do Alfabeto Fonético Internacional (para máis detalles relativos á pronunciación do árabe consultar o artigo Pronunciación no Árabe).
SATTS, o Standard Arabic Technical Transliteration System (Sistema técnico estándar de transliteración do árabe), é un sistema militar estándar estadounidense de transliteración do alfabeto árabe ó alfabeto latino.
Letras principais miniatura|dereita|Alfabeto árabe Se está soa Posición Inicial Posición intermedia Posición final Nome Transliteración Pronunciación ﺀ أ ؤ إ ئ ٵ ٶ ٸ ځ etc. hamza ʾ / ’ [ʔ] ﺍ — ﺎ ʾalif ā / â [aː] ﺏ ﺑ ﺒ ﺐ bāʾ b [b] ﺕ ﺗ ﺘ ﺖ tāʾ t [t] ﺙ ﺛ ﺜ ﺚ ṯāʾ ṯ / th [θ] ﺝ ﺟ ﺠ ﺞ ǧīm ǧ / j / dj [ʤ] ﺡ ﺣ ﺤ ﺢ ḥāʾ ḥ [ħ] ﺥ ﺧ ﺨ ﺦ ḫāʾ ḫ / ẖ / kh [x] ﺩ — ﺪ dāl d [d] ﺫ — ﺬ ḏāl ḏ / dh [ð] ﺭ — ﺮ rāʾ r [r] ﺯ — ﺰ zāy z [z] ﺱ ﺳ ﺴ ﺲ sīn s [s] ﺵ ﺷ ﺸ ﺶ šīn š / sh [ʃ] ﺹ ﺻ ﺼ ﺺ ṣād ṣ [sˁ] ﺽ ﺿ ﻀ ﺾ ḍād ḍ [dˁ], [ðˤ] ﻁ ﻃ ﻄ ﻂ ṭāʾ ṭ [tˁ] ﻅ ﻇ ﻈ ﻆ ẓāʾ ẓ [zˁ], [ðˁ] ﻉ ﻋ ﻌ ﻊ ʿayn ʿ / ‘ [ʔˤ] ﻍ ﻏ ﻐ ﻎ ġayn ġ / gh [ɣ] ﻑ ﻓ ﻔ ﻒ fāʾ f [f] ﻕ ﻗ ﻘ ﻖ qāf q / ḳ [q] ﻙ ﻛ ﻜ ﻚ kāf k [k] ﻝ ﻟ ﻠ ﻞ lām l [l] ﻡ ﻣ ﻤ ﻢ mīm m [m] ﻥ ﻧ ﻨ ﻦ nūn n [n] ﻩ ﻫ ﻬ ﻪ hāʾ h [h] ﻭ — ﻮ wāw w [w] ﻱ ﻳ ﻴ ﻲ yāʾ y [j]
As letras que carecen dunha versión inicial ou media nunca se unen ás seguintes letras. Coma por exemplo ﺀ hamza.
Outras letras Se está soa Posición inicial Posición media Posición final Nome Transliteración Pronunciación ﺁ — ﺂ ʾalif madda ʾā [ʔaː] ﺓ — ﺔ tāʾ marbūṭa h ou t / Ø / h / ẗ [a], [at] ﻯ — ﻰ ʾalif maqṣūra ā / ỳ [aː] ﻻ — ﻼ lām ʾalif lā [laː]
Notas A letra ʾalif maqṣūra, escrita comunmente co Unicode 0x0649 (ى) do árabe, é algunhas veces substituída, en farsi/persa ou urdú, polo Unicode 0x06CC (ی), chamada "Farsi Yeh" dado que é máis apropiada para a pronunciación nesas linguas. Os glifos son idénticos nas formas única e final ( ﻯ ﻰ ), pero non nas formas inicial e media, nas que a Farsi Yeh gaña dous puntos debaixo ( ﯾ ﯿ ) mentres que a ʾalif maqṣūra non os ten.
Escribindo o hamza Inicialmente, a letra ʾalif indicaba unha glotal oclusiva, ou stop glotal, transcrito coma [ʔ], confirmando unha orixe común co fenicio. Actualmente emprégase da mesma maneira que noutras abjads, con yāʾ e wāw, coma mater lectionis, é dicir, unha consoante que substitúe a unha vogal longa. Ademais, a través do paso do tempo o seu valor fonético foi escuro, xa que, ʾalif serve principalmente para substituír fonemas ou funcionar coma soporte gráfico para certos diacríticos.
Actualmente, o alfabeto árabe emprega o hamza principalmente para indicar un stop glotal, que pode aparecer en calquera parte dunha palabra. Porén, esta letra non funciona coma as outras: pode ser escrita soa ou cun apoio, nese caso convértese nun diacrítico:
Soa : ء Cun apoio : إ, أ (sobre ou baixo un ʾalif), ؤ (sobre un wāw), ئ (sobre un yāʾ sen puntos ou yāʾ hamza).
Os detalles sobre coma escribir o hamza son discutidos abaixo, tralos datos sobre as vogais e os sinais de división en sílabas, porque as súas funcións están relacionadas.
Ligaduras A única ligadura obrigatoria é lām+'alif, tódalas outras ligaduras (yaa - meem etc) son opcionais.
Algunhas fontes inclúen un glifo (Ṣall-allahu alayhi wasallam):
150px
e un glifo da palabra Allah:
150px
O primeiro emprégase tras tódalas mencións ó nome de Sagrado profeta (que Allah o bendiga e lle conceda paz). O último é unha solución alterna debido á incompetencia da maioría dos procesadores de textos, que son incapaces de mostrar o Sagrado Nome correctamente debido ó seu sistema de mostralos símbolos vogais. Compare o seguinte texto, que depende do seu navegador e as fontes que teña instaladas:
الله
Diacríticos
Vogais